O Bloque Nacionalista Galego propón unha Comisión de Seguimento da Obra Pública en Vigo diante da situación de “caos” que, aseguran, se vive en moitas rúas da cidade. A fronte nacionalista pide incorporar neste organismo ao movemento veciñal, ás organizacións sindicais e a persoas expertas co obxectivo de poñer fin "ao colapso de numerosos ámbitos de Vigo", así como realizar un control exhaustivo que impida as "habituais demoras" que se producen na execución dos traballos.
“Hai que poñer racionalidade na xestión da obra pública e asegurar que as empresas adxudicatarias cumpren escrupulosamente tanto cos prazos como coas condicións nas que se ten que desenvolver”, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou de “nefasta” a planificación e xestión das obras por parte do Goberno municipal de Abel Caballero.
Igrexas puxo como exemplo deste caos a situación na Avenida Martínez Garrido, onde nas últimas semanas veñen rexistrándose importantes retencións do tránsito por causa dos traballos para a humanización da rúa. Criticou tamén a paralización “inexplicábel” de obras como a instalación das escaleiras mecánicas na rúa Talude e que se dilaten proxectos como a humanización da Aragón, iniciada en 2012 e aínda pendente da última fase nunha rúa de apenas un quilómetro.
“O BNG cremos que hai outra maneira de planificar para evitar o colapso do tránsito e que as obras se eternicen e produzan evidentes molestias”, demandou o edil nacionalista. “Diante da incompetencia do Goberno local, cremos que é momento de sumar máis voces para poñer remedio a este caos”, subliñou Igrexas.
O Rosal se transformó durante unos días en todo un plató de rodaje y hasta 70 vecinos participaron. Ahora, celebran el bonito resultado
El alumnado de esta formación ha colaborado en embellecer Redondela. Estas son las labores que han llevado a cabo durante el último año
Nava Castro ocupaba el área de Turismo y Sandra Bastos la de Igualdad. Ya tienen sustitución en la Diputación de Pontevedra tras renunciar
La Xerencia de Urbanismo pone en marcha el desarrollo de la nueva Plaza de España iniciando los convenios con tres propietarios
O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
así normal q nunca de empezado el gran parque del matías,sera por esto y por q prioriza otras cosas claro está?