A Comunidade de Montes de Tameiga vén de anunciar a formalización de dous contratos de aluguer con dúas importantes empresas da comarca de Vigo que se instalarán no polígono de Monte Faquiña, xestionado polos comuneiros.
Segundo explican os vecinos, as dúas empresas que se instalarán no polígono realizarán “fortes investimentos”. Un dos contratos asinouse con Galitruck e o grupo Martínez Rosa -dedicadas á loxística- e outro con Baygar. As dúas primeiras instalarase nunha parcela de 6.612 metros cadrados cunha nave industrial de 1.747. En total, 36 traballadores ocuparán a zona de oficinas do edificio. “No polígono de Monte Faquiña imos centralizar a nosa actividade que se atopaba dispersa entre Vigo e O Porriño. Escollimos este poligono polas súas boas condicións e a súa situación estratéxica”, afirma Fernando Sanmartín, administrador de ambas.
A outra empresa que se traslada a Monte Faquiña é Baygar. Dedícase á venda e alugueiro de maquinaria para a construción e concentrará gran parte da súa actividade nunha das parcelas centrais do polígono na que edificará unha nave industrial de 2.000 metros cadrados para desenvolver a súa actividade.
A elección destas compañías fíxose seguindo criterios que “non impliquen unha perda de calidade de vida da veciñanza”, explica o presidente da Comunidade de Montes, César Lago, para sinalar que “ademais de crear postos de traballo, pagarán impostos en Mos e aliviarán as maltreitas contas do noso Concello”. Lago lembra que o pago dos alugueiros repercute directamente na veciñanza xa que “se inviste en obra social e cultural da parroquia”.
A Comunidade de Montes de Tameiga continúa recollendo as propostas do “Comité Consultivo de Monte Faquiña” e traballando para levalas a cabo. O comité consultivo está formado por representantes das empresas aloxadas no polígono, da veciñanza de Tameiga e das administracións local e provincial e ten como obxectivo recoller as propostas para mellorar o polígono e adecualo ás necesidades das empresas usuarias “sen prexuízo da calidade de vida da veciñanza colindante”. A xunta reitora da comunidade subliña que con estas dúas novas incorporacións o parque empresarial de Monte Faquiña acada a súa total ocupación.
Permite identificar un deterioro no control postural que incrementa o risco de caídas
"Ahí nos vemos señor Louzán", advierte el alcalde Abel Caballero al actual presidente de la Real Federación Española de Fútbol
El Concello de Nigrán ha comenzado a plantar las arboledas que marcan el inicio del proyecto educativo Bosques-Escuelas
Los técnicos municipales entienden que está acreditado el incumplimiento de los pliegos de condiciones del contrato de promoción turística
Co desenvolvemento dun sistema IoT de monitoraxe ambiental e unha plataforma satelital FlatSat
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL