Tal e como estaba previsto, no día de onte comezaron as obras de "acondicionamento, adaptación e mellora enerxética" das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, traballos que contan cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020. Mentres duren as obras, as persoas usuarias dos servizos sociais de Chapela serán atendidas nas oficinas provisionais que a Concellería de Servizos Sociais vén de habilitar no multiúsos Piñeiral do Crego. “Trátase dun servizo esencial para a veciñanza –destaca Iria Vilaboa– e que, como tal, non pode deixar de atender ás persoas usuarias”.
Tanto a concelleira como a alcaldesa, Digna Rivas, subliñan que, dadas as especiais condicións de privacidade que a prestación dos servizos sociais require, “as dependencias provisionais serán independentes do resto de servizos do multiúsos contando cunha entrada aparte do resto da instalación”. O servizo, para maior efectividade e evitar esperas, seguirá funcionando baixo o sistema de cita previa que se pode solicitar no teléfono 986 45 89 93
Rivas, agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Servizos Sociais e as súas traballadoras “á hora de habilitar unhas dependencias que, aínda que provisionais, son funcionais e cumpren á perfección os requisitos esixible para a prestación do servizo”. Ao mesmo tempo, a alcaldesa fixo fincapé na importancia das obras que se están a realizar nas dependencias dos Servizos Sociais de Chapela que, apuntou, “permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar con instalacións modernas, cómodas e funcionais”.
As novas oficinas serán totalmente accesibles e contarán con elementos que garantan a súa eficiencia enerxética, explican dende o Goberno local.
El informe enumera una serie de deficiencias críticas en el plan que, según el Concello, ponen en riesgo la seguridad de los asistentes
Renfe recomienda a las usuarias y usuarios de la compañía en Galicia consultar los horarios actualizados antes de viajar
Interceptan un portacontenedores en el Puerto de Vigo. La Guardia Civil ha subido al buque ante la sospecha de que transporta droga
Este fin de semana se celebra una nueva edición del Mercado Reciclado. Habrá talleres, sesiones de baile, ropa de segunda mano, vintage o upcycling
Apuesta por primera vez por el etanol como combustible para su monoplaza y para 2026 piensa en un vehículo autónomo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL