• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA General

Un estudo da UVigo constata que os microplásticos poden afectar á reproducción do bacallau

Un estudo da UVigo constata que os microplásticos poden afectar á reproducción do bacallau

María Fernández, autora principal da investigación, en Noruega

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/02/2023

Un estudo liderado por investigadoras e investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, acaba de revelar que a contaminación por microplásticos pode perturbar a maduración sexual do bacallau atlántico, Gadus morhua. Os resultados da investigación acaban de ser publicados na revista Environmental Pollution nun artigo asinado por María Fernández e Pablo Presa, do Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños, do CIM-UVigo, xunto con investigadores do Instituto Noruego de Investigación Alimentaria, Nofima, e as universidades Aarhus (Dinamarca) e Tromsø (Noruega).

A omnipresenza de microplásticos no medio mariño é xa un problema mundial. Consciente desta realidade a comunidade científica está a levar a cabo infinidade de estudos sobre as múltiples consecuencias que isto pode ter en centos de especies animais, incluídos peixes e mariscos, algúns tan importantes a nivel comercial como o propio bacallau. Nesta investigación avaliáronse os efectos da inclusión de microplásticos na dieta sobre a fisioloxía reprodutiva do bacallau e, se ben se determinou que a concentración de microplásticos empregada neste experimento pode non ser suficientemente alta como para provocar efectos biolóxicos observables a curto prazo, os perfís de expresión xénica observados suxiren que podería haber consecuencias a longo prazo dado o aumento esperado deste tipo de substancias nos ambientes mariños.

Másnoticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

21/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

21/07/2026

A parte experimental desenvolveuse en Noruega

“Partimos da idea de que os peixes que inxiren microplásticos a través do alimento poderían ver afectada a súa función fisiolóxica, por exemplo, na alteración da produción e función de encimas, na redución da alimentación ou en fallas reprodutivas”, salienta María Fernández, autora principal do estudo. A parte experimental levouse a cabo entre xuño de 2017 e maio de 2018, coincidindo coa súa estancia predoutoral en Noruega, en cuxas augas se atopan as poboacións de bacallau máis grandes do mundo. “Dividimos os reprodutores de cría de bacallau en dous grupos, un alimentado con penso control e o outro con penso que contiña un 1% de microplástico”, explica a investigadora, quen tamén aclara que os ensaios se levaron a cabo durante os nove meses anteriores ao desove para ver os seus efectos na reprodución.

A inclusión de porcentaxes de microplásticos superiores ao 1% de elementos non nutricionais non sería recomendable, pois, , a xuízo dos autores do estudo, podería ter efectos colaterais sobre o peixe, como por exemplo afectar a inxestión de alimento facendo que fose inviable o experimento. “Era importante ofrecer unha base nutricional común na dieta control e experimental para detectar os efectos diferenciais do microplástico”, salienta a investigadora, ao que engade que a porcentaxe deste tipo de refugallos na fauna mariña pode ser variable. No caso do bacallau existen exemplares costeiros que sofren unha alta exposición, debido á inxestión de plásticos de gran tamaño, pero hai outros que viven a maior parte da súa vida en mar aberto e soamente se achegan á costa a desovar, polo que a súa exposición aos microplásticos é moito menor.

A inxesta de microplásticos afectaría, sobre todo, á reprodución

A posterior análise xenética dos resultados desenvolveuse no Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños do CIM-UVigo. Unha vez analizados todos os datos non se atoparon diferenzas importantes entre os dous grupos de dieta na biometría (talla dos peixes) ou na histoloxía das gónadas e “a nivel reprodutor viuse que os niveis de esteroides sexuais aumentaron co paso do tempo, pero sen ningunha diferenza significativa entre tratamentos”, explica a investigadora.

En canto á análise de xenes relacionados coa maduración sexual e a reprodución, o estudo amosou que os niveis de expresión xénica da encima esteroidoxénico 20β-hidroxiesteroide deshidroxenasa (20β-hsd) e viteloxenina1 (vtg1) presentaron diferenzas significativas entre tratamentos, con menor expresión no grupo control. “Este pode ser un efecto directo dos microplásticos introducidos na dieta, pero non se poden descartar completamente os efectos de alteración endócrina dos aditivos plásticos potencialmente lixiviables”, salienta a autora. Así, estes encimas poderían, segundo se defende no artigo, ser indicadores da exposición a contaminantes que perturban a maduración sexual ao afectar á produción de esteroides que inducen principalmente a maduración.

Necesidade de seguir investigando os riscos de exposición a estas substancias

A presenza de plásticos no medio mariño incrementouse de xeito claro nas últimas décadas, o que está ligado principalmente ao aumento do seu uso tanto a nivel doméstico ou industrial como en acuicultura. Presentes en todo o medio acuático, pero sobre todo nos portos e nas áreas costeiras industriais, a contaminación por microplásticos pode deberse á descomposición de partículas plásticas máis grandes (secundarias), pero tamén á súa liberación a partir de produtos de coidado persoal, medicamentos ou con augas residuais de lavandería. Desde o Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños do CIM-UVigo destacan neste sentido que “moita investigación en curso céntrase en estudar os efectos dos microplásticos que se canalizan ata varios niveis tróficos a través das cadeas alimentarias acuáticas, pero tamén é importante identificar os efectos a curto e/ou longo prazo sobre os recursos mariños”.

Con respecto ás posibles consecuencias da inxesta de microplásticos por parte das persoas a través de peixes e mariscos, Fernández salienta que recentemente se publicou un estudo pioneiro de monitorización humana no que se demostrou que as partículas de plástico están dispoñibles para ser absorbidas polo torrente sanguíneo humano. “Isto indica que polo menos algunhas das partículas plásticas que entran en contacto cos humanos poden estar dispoñibles no torrente sanguíneo aínda que a taxa de eliminación a través do tracto biliar, do ril e a deposición nos órganos é máis lenta que a taxa de absorción no sangue”. Nesta liña, remarca “a necesidade de comprender mellor como afecta aos humanos e ao nosa contorna a exposición a estas substancias, así como o perigo asociado a esa exposición, para determinar se supón ou non un risco para a nosa saúde e a conservación da biodiversidade”.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen
General

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

...

PorPaula Carballo
21/07/2026
Reabre un espectacular campo de girasoles gratis en el norte de Portugal, escapada perfecta desde Galicia
Escapadas

Reabre un espectacular campo de girasoles gratis en el norte de Portugal, escapada perfecta desde Galicia

...

PorAlfredo Teja
16/06/2026
Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar
General

Guía final del gran desfile final de las Fuerzas Armadas en Samil con horarios y cómo llegar

...

PorÁngel Vila
29/05/2026
La patronal gallega dice no tener "miedo" a un gobierno de BNG-PSOE si es "un gobierno estable"
General

La CIG carga contra "el poder" que la Xunta "da a las mutuas" en las bajas

...

PorEuropa Press
28/05/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X