• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Igualdad

A Deputación presenta unha extensa programación "fronte ao negacionismo" polo 25N

A Deputación presenta unha extensa programación "fronte ao negacionismo" polo 25N
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/11/2022

Coa música de Cora Velasco, a acústica de Santa Clara, e nun acto con concellos da provincia e colectivos de mulleres, da cultura e da sociedade, a Deputación de Pontevedra vén de arrancar “Fronte ao negacionismo. Alianzas dende o feminismo”, a programación da institución provincial para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, reclamou na presentación dos actos que “de novo estamos no tempo de estar alerta, de ser vixiantes, porque todas as crises sempre fan que a igualdade retroceda e, esta vez, non o vai facer porque hai moitas mulleres aliadas contra as violencias machistas e as discriminacións”.  A presidenta recordou que este ano foron xa asasinadas 38 mulleres e 2 menores, que outras 26 nenas e nenos quedaron orfos e dende o 2003, cando se comezaron a facer estatísticas, asasináronse 1.168 mulleres.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Unha ponte colgante sobre o Miño en As Neves e Monçao para unir fronteiras

Impulsan crear un nuevo puente internacional en el área de Vigo para conectar Galicia y Portugal

21/07/2026

A axenda de actividades previstas irá máis alá do propio 25N, cando terá lugar a lectura da declaración institucional e o arranque da oitava edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero”. O tiro de saída do programa, que percorrerá no que queda de ano e durante 2023 25 concellos da provincia a través de 25 accións artísticas lideradas por 35 mulleres artistas, terá lugar o día 25N no Pazo Provincial en Pontevedra ás 10:00 horas con “Corpos de abismos”, a cargo da compañía “Duelirium” que porá en marcha un espectáculo con acrobacias para representar “a caída aos abismos que sufrimos as mulleres”. Ese mesmo día, ás 18:00 horas no MARCO de Vigo terá lugar a outra acción inaugural a cargo de Iria Sobrado, Ana Gesto e Elena Salgueiro que farán con “Canon circular” unha performance para “afondar en rituais antropolóxicos que visualizan as violencias machistas. Amais de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, a presidenta da Deputación tamén explicou ao detalle as catro alianzas a carón das que se vai vertebrar o programa, centradas na comunicación, na educación, na cultura e na investigación e no coñecemento.

Así, no marco das alianzas dende a comunicación, o 18 de novembro despregaranse as lonas co lema “Fronte ao negacionismo. Alianzas dende o feminismo” nas fachadas das sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo. Xa o 25 de novembro, que coincide ademais coa celebración do pleno ordinario da institución, terá lugar a declaración institucional que será redactada e lida por Azucena Arias, “unha muller da educación e da universidade”.

En canto ás alianzas dende a educación, durante o mes de novembro estase xa a desenvolver o curso online no marco da Escola de Igualdade María Vinyals, coordinado por Rosa Cobo, con temáticas centradas na axenda política feminista. Tamén entre novembro e decembro a Deputación ten en marcha a segunda edición do ciclo “Canteira de Igualdade” en centros de secundaria da provincia. Ademais, este mes vaise presentar un proxecto con financiación europea “moi novidoso”, un videoxogo que pretende ser “unha ferramenta educativa para promover a igualdade, implicando á mocidade no cambio”, e xa cara o Nadal impulsarase a campaña para a adquisición do xoguete non sexista e non violento.

Pola súa banda enmarcadas nas alianzas dende a cultura, organizarase o encontro de mulleres da escrita que terá lugar o venres, 11 de novembro, na sede da Deputación en Vigo, e que o 21 terá lugar a mostra “Dende a fenda. Prácticas artísticas e feministas en Galicia”, para reclamar a posición das mulleres na cultura. Ademais, ata o 24 de novembro estase a desenvolver o ciclo “Cinema mulleres” e a finais de mes terá lugar no Culturgal unha das acción de “Violencia Zero”.

Finalmente, no marco das alianzas dende a investigación e coñecemento, ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0 este mes de novembro estanse a desenvolver diferentes actividades entre as que se inclúe a presentación do  Informe “Stop Machitroles”.

Temas: 25NDeputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día
Qué hacer

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día

Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X