• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Igualdad

A UVigo aposta pola virtualidade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A UVigo aposta pola virtualidade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
05/02/2021

A pesar da pandemia e das restricións por motivos sanitarios, a Universidade de Vigo fixo unha aposta firme por tentar manter a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o vindeiro día 11. Así, os tradicionais obradoiros de Elas Fan CienTec, nos que centro de rapazas se achegaban aos laboratorios do campus de Vigo, pasarán a celebrarse virtualmente, ao igual que as charlas divulgativas que se viñan organizando dentro da Iniciativa 11F en centros educativos de toda Galicia e as actividades do Centro de Investigación Mariña (CIM). Por outro lado, a feira de Exxperimenta en Feminino non se poderá levar a cabo, pero as organizadoras optaron por ofrecer unha páxina web na que estarán a disposición da sociedade contidos divulgativos sobre mulleres importantes da historia da man de investigadoras do campus de Ourense.

Segregación na ciencia e na academia

Todas estas actividades, que as docentes e investigadora das UVigo organizan co gallo do 11-F, buscan dar visibilidade ao traballo das mulleres nestes eidos, amosar ás mozas de secundaria exemplos de mulleres que desenvolven súa traxectoria profesional no eido da ciencia e a enxeñaría e espertar vocacións nestes campos, especialmente masculinizados. Como explica a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, “na ciencia e na academia existe unha segregación vertical e horizontal por razón de sexo, que abonda no feito de que, por exemplo, as titulacións STEAM, as que son claves nos empregos do futuro, son as máis remuneradas e posúen un alto estatus social, carecen dunha presenza feminina ampla”. Isto, engade, vai redundar a medio prazo “no incremento do empobrecemento das mulleres. Hoxe a pobreza ten rostro de muller e se non cambiamos esta tendencia, isto agravarase no futuro”.

Másnoticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

21/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

21/07/2026

Por todo isto, a responsable da Igualdade na UVigo remarca a necesidade de realizar este tipo de actividades e mantelas, a pesar da covid-19, aínda que sexa en formato virtual. A este respecto, a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, lembra que a Universidade conta con ferramentas como Campus Remoto cos que “estamos tentando que esta situación desfavorable non produza efectos moi negativos nas actividades que se desenvolven para seguir cumprindo cos obxectivos que nos marcamos”.

Elas Fan CienTec e Charlas divulgativas

Elas Fan CienTec é un programa de obradoiros científicos e tecnolóxicos para rapazas de secundaria que, nesta ocasión, contará con preto de 80 nenas de catro centros educativos da provincia de Pontevedra (IES Val Miñor, IES Rosais II, Colexio Plurilingüe Alborada e IES A Cañiza). Da man de docentes e investigadoras da Universidade de Vigo coñecerán as liñas de investigación e os laboratorios do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial.

Paralelamente, ao longo de todo o mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador da Universidade de Vigo ofrecerán a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Estas enmárcanse na Iniciativa 11 de febrero, que se organiza a nivel nacional con motivo desta efeméride. Todas estas actividades contan co apoio da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo na súa xestión.

11F no CIM

Outro dos centros que se une á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia é o Centro de Investigación Mariña (CIM), que organizou actividades en liña para alumnado de secundaria, tanto rapaces como rapazas, de diferentes centros educativos de toda Galicia. O programa desenvolverase o día 12 e contará, por unha banda, coa Asociación Faraxa, que reflexionará sobre a necesidade do 11 F e, por outra, coa directora da Área de Investigación da UVigo, Ana Bernabeu, presentará os indicadores de igualdade na institución educativa e no CIM e explicará a súa experiencia persoal. Ademais, o estudantado participante poderá facer unha visita virtual ao CIM e participar en debates sobre todo o aprendido.

V Concurso de Creación Artística

Tamén o día 11 de febreiro daranse a coñecer as e os gañadores do V Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convocado pola Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. Nel convidábase ao alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense a presentar traballos visuais ou literarios sobre as mulleres na ciencia e na enxeñaría ou nas tecnoloxías TIC. Nas anteriores edicións, estes premios entregáronse durante a celebración nestas datas da feira divulgativa Exxperimenta en Feminino, pero debido á pandemia este ano tivo que anularse a súa celebración, polo que a entrega dos galardóns do concurso queda aprazada ata que a situación sanitaria o permita.

Formación para a comunidade investigadora

A maiores de todas estas actividades, desde a Unidade de Igualdade abrirase a matrícula a partir do 11 de febreiro en novos cursos gratuítos dentro do Itinerario virtual de formación en xénero, un programa que trata de dar resposta ás necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria. Os novos cursos versarán sobre A inclusión da perspectiva e a análise de xénero na investigación e a innovación, A muller e a ciencia e a Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i das TIC.

Temas: CienciafeminismoigualdadUniversidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Conciertos, proyecciones audiovisuales y espectáculos en la programación del 25N en Vigo
Igualdad

Conciertos, proyecciones audiovisuales y espectáculos en la programación del 25N en Vigo

Vigo ha desvelado su programación para el 25N. Habrá conciertos, espectáculos, proyecciones audiovisuales y jornadas formativas

PorMetropolitano
10/11/2025
Redondela inicia su programa del 25N con una Escola de Familias para "prevenir desde el hogar"
Igualdad

Redondela inicia su programa del 25N con una Escola de Familias para "prevenir desde el hogar"

La programación contra las violencias machistas se refuerza con actividades dirigidas a las familias con niños, niñas y adolescentes

PorUxía Pérez
10/11/2025
“Eu tamen son Frida, pero non Kahlo”:  15 lemas reivindicativos que nos dejó el 8M
Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia
Igualdad

La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia

La UVigo abordó la “digitalización del sistema prostitucional” y su impacto en la explotación de mujeres y niñas

PorUxía Pérez
25/11/2024
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X