• Aparcamientos cerrados Samil
  • Fenómeno Literario Vigo
  • Feira Viño O Rosal
  • Concierto Castrelos
  • Concierto Bustamante
  • Fiestas de Bouzas
  • Rallye Rías Baixas
  • Planes en Salceda
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

Dezaseis mulleres protagonizan a edición más potente de "As mulleres que opinan son perigosas"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/02/2021

Dezaseis das mulleres máis potentes do periodismo local, nacional e internacional, entre elas xornalistas con premios Pulitzer e premios Ondas, directoras de medios ou xefas de sección, redobran a aposta da cuarta edición do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas”, patrocinado pola Deputación e o Concello de Pontevedra, que neste 2021 volve ser telemático e chega, se cabe, con máis forza que nunca. As xornadas que naceron hai tres anos en Pontevedra da man das xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela, en resposta á ausencia de mulleres columnistas invitadas nun debate en León, regresarán os días 5 e 6 de marzo como a mellor antesala ás celebracións do 8M con sete horas de debate e un total de doce relatorios “para tomar a palabra nas redes”, con voces tan recoñecidas como Esther Palomera, Almudena Ariza ou Mar Cabra.

Tal e como expresou a presidenta provincial Carmela Silva “este é un acto de resistencia” e “unha das mellores ideas non só na nosa provincia e en Galicia, senón no conxunto do Estado porque foi quen de facer que todo o mundo mirara cara a esta provincia” e destacou que cada edición supera á anterior. Conxurouse para que esta sexa a última celebración en liña e subliñou que “é fundamental manter este tipo de iniciativas que reflexionan con miradas, con voces de mulleres potentísimas no eido da comunicación e amais facelo cada vez dunha forma máis ampla, falando de cuestións que afectan á humanidade e que precisan que haxa voces, escrita, palabras e posicionamentos da metade da poboación”. “Seguimos dando que falar –apuntou-. Porque as mulleres non só opinamos, senón que opinamos moi ben”.

Másnoticias

Imagen de Archivo de una ambulancia

Mueren dos personas en un trágico accidente de tráfico en Silleda

02/07/2025

Un festival, degustaciones gratis y cenas maridaje en la Festa do Viño Tinto Rías Baixas

01/07/2025

Carmela Silva tamén quixo reivindicar o foro como “un acto de denuncia, porque a situación non ten mellorado para as mulleres coa pandemia, todo o contrario, ten empeorado” e citou o caso da brecha salarial, os datos de desemprego feminino e o feito de que “as actividades e o tempo que temos que dedicar á nosa profesión e ao noso fogar ligadas aos coidados provoca un estrés insufrible que padecemos nós maioritariamente”. Engadiu que este ano, por exemplo, esta situación de empeoramento notouse no ámbito da investigación, “onde os papeis das mulleres descenderon moitísimo e sen embargo aumentaron os dos homes, porque teñen máis tempo e o dedican a opinar e publicar as súas investigacións, mentres que as mulleres temos que dividirnos como sempre”. Pero concluíu cun mensaxe de optimismo, porque “as mulleres estamos aquí, seguimos opinando, reclamando e denunciando e poñendo unha mirada propia sobre o mundo que nos rodea”.

Pola súa banda o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores dixo que “é imprescindible seguir a visibilizar e denunciar publicamente a situación de discriminación en que se atopan as mulleres, e os e as responsables políticas temos a obriga de facelo, ao igual que os medios”, sobre todo tendo en conta que “no século XXI segue a haber negacionistas do machismo, ao igual que do fascismo ou o franquismo”. “Espero que haxa un seguimento grande de todos os debates, que sexan proveitosos e que signifiquen que no futuro teñamos unha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa cos dereitos de todas as persoas, empezando polas mulleres, que teñen toda a razón do mundo en reivindicar esa igualdade”.

Relatoras

A xornalista Susana Pedreira, unha das promotoras do Foro, este ano incorpóranse novos temas e, deste xeito por exemplo estarán presentes a divulgación científica, “que ten máis forza que nunca”, así como o humor, o fotoxornalismo, “porque os e as fotoxornalistas durante o confinamento foron os nosos ollos”; a memoria e os podcasts. Pedreira referiuse tamén ao feito de que a celebración destas xornadas en liña está a permitir a creación dunha “biblioteca de contido on line na que as mulleres, a perspectiva de xénero e no noso caso o xornalismo son os protagonistas”. Deste xeito nesta cuarta edición enriquecerá ese fondo con outras sete horas de contido “que a xente vai poder ver en directo desde calquera lugar do mundo e que quedará almacenado na rede nas canles de Youtube tanto da Deputación como do Concello”. Engadiu que ata agora, as tres edicións anteriores superaron as 10.500 visualizacións das conferencias, que se sumaron á repercusión que tivo a cita nos dias de celebración e durante as emisións en directo. “A biblioteca que estamos a crear é como encher 24 veces o Teatro Principal; parécenos interesante seguir agrandando ese contido”.

Pola súa banda, Diana López Varela, que interviño telematicamente trala súa recente maternidade, destacou a presencia entre as relatoras de dúas premios Pulitzer, como son Mar Cabra, xornalista de investigación recoñecida polo seu traballo nos papeis de Panamá, e que vai falar do “tecnoestrés xornalístico”, así como de Susana Vera, primeira fotoxornalista española en acadar o citado galardón.

O foro ten tamén entre as súas participantes a dúas das máis prestixiosas mulleres do xornalismo en España: Almudena Ariza, correspondente con vinte anos de traxectoria, e Esther Palomera, especializada na análise política. Así mesmo, terán voz xornalistas especializadas no mundo musulmán, como Ebbaba Hameida e participarán tres directoras de medios: María Obelleiro (Nós); María Yáñez (Vinte) e Silvia Carregal (As Nosas). Estarán tamén as responsables da sección de Economía dos principais xornais galegos, Mercedes Mora (Voz de Galicia) e Lara Graña (Faro de Vigo). Pola súa banda, Pampa García Molina falará de ciencia, e o mundo do humor estará representado por Henar Álvarez, mentres que a primeira correspondente de xénero do diario El País, Pilar Álvarez, falará das novas responsabilidades con perspectiva de xénero e María Jesús Espinosa de los Monteros do mundo dos podcasts. Do eido local, as xornalistas Belén López e Montse Fajardo abordarán o tema da cultura e a memoria neste ámbito.

O debate poderá seguirse polas canles do Concello e a Deputación de Pontevedra pero tamén está aberta a inscrición para velo por Zoom a través das webs de ambas administracións (ata o 4 de marzo), no caso de querer intervir e facer preguntas ao remate dos relatorios.

Temas: 8MconferenciasDeputación de PontevedrafeminismoPontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Espectáculos

Dos escuelas de baile se unen en un festival gratis para hacer bailar a Salceda

Los amantes del baile no pueden perderse el Festival de Verano de Meraki Community, organizado por Antía Caride y Julio Vizcaino

PorShelly Villaverde
03/07/2025
Fiestas

La Feira do Viño llenará O Rosal de música, catas, rutas, zona gastro y pondrá buses para ir

O Rosal acaba de presentar su Feira do Viño, una de las fiestas más top del área de Vigo. Consulta todo lo que ofrecerá este mes

PorAlfredo Teja
03/07/2025
Bustamante, durante su concierto en Mos // CONCELLO DE MOS
Música

Vilagarcía anuncia para agosto el concierto gratuito de David Bustamante

El Concello de Vilagarcía anunció el concierto gratuito de David Bustamante por las Fiestas de San Roque. Consulta la fecha y hora

PorIván Dacal
03/07/2025
Monte de Santa Luzia en Viana do Castelo // Facebook CM Viana do Castelo
Cursos y concursos

Nace un concurso fotográfico que te lleva de escapada a estos concellos de Galicia y el Norte de Portugal

El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria

PorMetropolitano
03/07/2025
Enfoque

A Federación de Enfermidades Raras financia un proxecto do grupo CellCOM para tratar o osteosarcoma

PorMetropolitano
02/07/2025

O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X