O Concello de Baiona vén de lanzar o proxecto “Fálame delas”, unha iniciativa que busca historias das mulleres do municipio que “deben ser contadas”.
“Nos museos, nos nomes das rúas, na lista de nomeamentos dos premios Nobel, nos libros de historia, na memoria colectiva, na memoria local… a pregunta é onde están as mulleres? A pesar dos obstáculos e a discriminación, moitas estiveron aí deixando a súa pegada na historia da humanidade, marcando un punto de inflexión na súa época. Pero non aparecen, non están. Foron completamente borradas do mapa. Esquecidas. Silenciadas. Invisibilizadas. Condenadas a permanecer na sombra. É hora de rescatalas”, explican dende o Goberno local.
Así, co gallo de recuperar a e buscar historias de mulleres locais, o Concello vén de abrir o correo electrónico [email protected] para que todo aquel que o desexe poida enviar historias de mulleres da vila porque “a historia de Baiona tamén se escribe en feminino”.
“A idea é que a veciñanza mande historias de mulleres que coñecen ou coñeceron, avoas, tías, nais, veciñas, etc. Queremos recompilar historias da nosa vila vividas pola outra metade que case nunca conta”, sinala a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas.
En caso de non ter correo electrónico a información pódese mandar por correo postal á dirección do Concello de Baiona, Rúa Lorenzo da Carreira, S/N, 36300 Baiona, especificando “Concellería de Igualdade”. Ademais, a Concellaría instalará en cada un dos centros escolares municipais unha caixa de correos para a recollida específica destas historias. É importante deixar un contacto para poder comunicarse con a persoa que achega a historia, para ampliar información ou solicitar material gráfico si fora posible. As persoas interesadas en dar luz ás historias das mulleres de Baiona poderán facelo até o 15 de outubro.
Sanidade señala que ya trabaja en un plan de contingencia ante el el "alto riesgo" de una huelga indefinida en el sector
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL