O Concello de Redondela, a través da concellería da Muller, que xestiona Iria Vilaboa, vén de pre-sentar o programa de actividades que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro e que busca visibilizar o traballo das mulle-res que se dedican ás áreas da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés).
Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “de crear referentes femininos para as nenas en idade escolar descubran o importante papel que as mulleres desenvolveron na ciencia ao longo da historia e que poidan contribuír a elección destas especialidades á hora de realizar os estudos”.
Ao entender da alcaldesa, a organización de actividades para esta celebración de carácter internacional, vai máis aló “xa que tamén se trata de poñer o foco de atención sobre a situación das mulleres que desenvolven o seu labor profesional nunhas especialidades a fin de poñer fin as desi-gualdades de xénero no ámbito científico”.
Por ese motivo as actividades programadas estarán dirixidas, prioritariamente, aos centros de ensino con charlas impartidas pola escritora Isabel Blanco, autora do libro Galegas na ciencia de Isa-bel Blanco con ilustracións de María Lapido que será presentado na Casa da Cultura de Redondela o xoves 10 de febreiro ás 20:00 horas.
Será a propia Isabel Blanco a encargada de desenvolver os encontros co alumnado dos centros escolares comezando o mércores 9 de febreiro as 10:40 horas no IES Illa de San Simón para continuar o venres 11 de febreiro ás 12:20 horas no IES Mendiño; o 24 de febreiro ás 9:00 horas no IES Pedro Floriani e rematar o luns 7 de marzo no IES de Chapela ás 13:20 horas.
“A loita pola igualdade é preciso desenvolvela en todos os eidos comezando polo ensino –apunta a alcaldesa de Redondela– e, nese sentido, as charlas amosa ás nenas que non hai ningún tipo de carreira ou labor profesional 'exclusiva para homes' como parecía que eran as do ámbito científico”. “Trátase de capacidades, empeño e tesón o que nos permite desenvolver unha determinada actividade, neste caso científica, e non é unha cuestión de xénero, tal e como se demostra no libro de Isabel Blanco e tal e como o amosan diariamente mulleres de todo o mundo que desenvolven o
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL