Que motivos lle das ás veciñas e veciños de Baiona para apoien a súa candidatura este domingo 26 de maio?
Nós cremos que temos un proxecto para Baiona que realmente é o que necesita. Temos un grupo humano que está capacitado para levar a cabo ese proxecto con gañas e moitísima ilusión de traballar para os nosos veciños e ademais queremos sentar as bases para que todos os diferentes sectores da nosa poboación saiban que tanto o seu presente como o seu futuro poden levalo a cabo no noso concello.
Como se imaxina Baiona dentro de catro anos no caso de ser alcalde?
Temos que garantir que se miren eses primeiros indicios dunha Baiona moito máis dinamizada, onde se vexan tamén eses indicios dun concello no que os nosos mozos poidan formarse, poidan acceder a unha vivenda na que a día de hoxe é dificilísimo e por suposto unha Baiona que poida xerar postos de traballo.
Cales son os retos a nivel cultural que ten Baiona?
Son moitísimos. Somos dos que cremos que Baiona é é un pobo que non está centrado de verdade a coñecer a cultura galega e eu tamén penso que como baioneses temos a nosa propia cultura. Temos que presumir moito dela. Hai veciños o suficientemente preparados para que dean a coñecer a cultura baionesa e o noso modo de vida. Temos moita historia que contar do noso concello e temos unhas parroquias cun compromiso cultural brutal e cremos que é necesario que Baiona como concello, non coma casco, levalo non só polo Val Miñor, senón pola provincia e tamén por Galicia e o resto de España.
Que medidas propón para desestacionalizar o turismo?
Entendemos que o goberno que estivo agora non fixo os pasos necesarios para acadar esa desestacionalización. De feito, nós si que somos partidarios de ir a Fitur. O que pasa é que a Fitur non se pode ir de paseo. Hai que ir a traballar e un traballo feito previamente de ir a esta feira, é que somos partidarios desa iniciativa que houbo de Vilas Mariñeiras, pero creo que os esforzos están mal enfocados. Vivimos nun área metropolitana de 600.000 habitantes que, a día de hoxe e polos motivos que sexan, non somos capaces de atraelos a Baiona. O traballo temos que centralo na provincia de Pontevedra. Temos capacidade e gañas suficientes para acadar o compromiso de que os veciños dos concellos colindantes poidan vir a Baiona.
Que faría nos seus primeiros 100 días como alcalde de Baiona?
Pos temos que solucionar un problema laboral xerado por este grupo de goberno (liderado por Ángel Rodal) cos traballadores municipais. O noso partido ten que garantir que todos os traballadores do Concello de Baiona estean en condicións de que se cumpra a lei para que todos os empregados cobren e traballen dunha forma profesional. Para poder vivir do sector servicios o espello no que hai que mirarse é a casa de todo o pobo, que é o Concello de Baiona. Temos que solucionar ese problema laboral, onde temos que garantir que imos firmar un acordo regulador para garantir que en 2020 teñamos unha RPT como marca a lei. Para dar o mellor servizo aos veciños temos que darlle as mellores ferramentas aos empregados municipais para que fagan ben o seu traballo.
Nas eleccións xerais o PSOE gañou en Baiona, espera un “efecto chamada” do electorado para impoñerse tamén nas municipais?
Creo que así debe ser. Nós por suposto que lle pedimos a todos os veciños que vaian a votar. Imos a pedirlles que depositen a súa confianza en nós, pero o importante e que ao fin ao cabo e que todos os veciños poidan votar libremente e esperando que os resultados nos garantan que poidamos gobernar na nova lexislatura.
Baiona é un dos concellos con máis fragmentación, teme a ingobernabilidade?
É certo que hai fragmentación, pero isto é a democracia. O que temos que garantir é que haxa un goberno que queira de verdade un bo futuro para Baiona. Eu o que che podo dicir como candidato é que non vai a haber carta branca para gobernar en Baiona. Temos que saber con quen falamos e se nos toca pactar temos que ter claro que Baiona vai ter un proxecto de futuro.
Agora mesmo é difícil conseguir maiorías absolutas. No caso de poder pactar para gobernar, con quen estarías disposto a facelo?
É unha pregunta difícil de responder. Nós como PSOE saímos a gañar e a acadar a maioría absoluta. Con quen imos a gobernar ou non? Creo que non sería lóxico dicilo. O que si te podo dicir é que nos temos que garantir o futuro de Baiona. A dereita o que logrou no municipio é que Baiona caese na decadencia. Dende unha perspectiva ideolóxica temos que buscar un goberno socialdemócrata de esquerdas, aínda que isto non quere dicir que nós, ademais por respecto aos veciños, non falemos co PP ou con outras forzas.
Que se xoga Baiona o 26 de maio?
As baionesas e os baioneses xóganse o seu futuro, un futuro que a día de hoxe é unha incertidume. Temos que asentar nestes catro anos as bases para que Baiona, en definitiva no ano 2030, acade os 14.000 habitantes.
Que gran proxecto lle gustaría a Carlos Gómez facer como alcalde de Baiona?
Penso que todas as baionesas e baioneses poidan decidir que o seu futuro pase por vivir en Baiona, por traballar en Baiona e garantir que as futuras xeracións destes veciños poidan vivir mellor do que agora mesmo vivimos.
Que sería para o PSOE de Baiona un bo resultado este 26 de maio?
Para nós sería gañar as eleccións. Gañar significaría que o PSOE acadaría a vitoria por primeira vez nunhas municipais en Baiona e podería garantir que houbera un goberno socialista en Baiona despois de moitísimos anos.
Que sería un resultado malo?
Un resultado malo sería acadar os mesmos resultados de fai catro anos. Eu no 2017 fun elixido polos meus compañeiros como secretario xeral e nese momento din o paso cunha condición, tíñamos que cambiar as cousas dentro da nosa agrupación, adaptala ao século XXI. Ese traballo está feito. Agora hai que garantir un cambio no noso concello. Temos a oportunidade de gañar as eleccións e demostrar que este grupo humano que fomos capaces de formar leve a bo porto ese proxecto que levamos no noso programa.
PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. CARLOS GOMEZ PRADO
2. OSCAR MARTINEZ ALVAREZ
3. ROSA MARIA DOMINGUEZ RODA
4. CONCEPCION VARA RODRIGUEZ
5. MIRIAN MAR COSTAS IRIARTE
6. VICTOR MANUEL MUÑOZ ENCINAS
7. ANDREA PEREZ GONZALEZ
8. PABLO CASTRO DA ROCHA
9. VIRGINIA SANTOS CABRERA
10. MARTIN RODRIGUEZ FERNANDEZ
11. ANTONIO GOCE CASTRO
12. MARIA MOSQUERA GOMEZ
13. JOSE ANGEL RODRIGUEZ FERNANDEZ
14. EMILIA GIRALDEZ RAMIREZ
15. JOSE MARIA POSADA GIRALDEZ
16. ANA ROSA DURAN DOMINGUEZ
17. EMILIO MANUEL SANTOS GIRALDEZ
Suplentes
1. TERESA PEREZ VIEIRA
2. MARIA CONCEPCION VILAR CARNEIRO
3. RAFAEL LORES ROSAL
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL