En poucas palabras, por que os veciños e veciñas de Tui deben escoller a papeleta de Converxencia 21?
Durante este ano e medio demostramos que estamos a dar un meneo moi importante a Tui despois de dúas décadas de letargo. Somos o único partido que demostrou que está disposto a facer todo o necesario para resolver a paralización e o mal funcionamento do departamento de Urbanismo. Somos a única garantía de que os intereses de Tui non estarán subordinados a outros intereses porque non temos xefes en Vigo, nin Pontevedra, nin Santiago nin Madrid.
Como imaxinas o Tui de dentro de catro anos?
Será unha localidade máis próspera cun movemento turístico máis consolidado tras a entrada na Rede de Xuderías e a aprobación do PEPCHA, que está próxima. O Conxunto Histórico recibirá un impulso moi forte na rehabilitación, tamén grazas ao plan Rexurbe. Os paseos fluviais teñen que estar moi avanzados en catro anos e teremos a rúa Ourense aberta na súa totalidade. En definitiva, será un Tui moi transformado e en positivo. O estamos a demostrar nun período moi breve e nunhas circunstancias moi difíciles.
A oposición critica a lentitude para aprobar o PEPCHA...
Está nun momento moi avanzado, falta unha última tramitación en Madrid que se freou porque pediron unha tradución ao castelán. Son moderadamente optimista, é cuestión de meses.
Cales son os retos culturais de Tui?
Hai que consolidar un calendario cultural que xa é moi potente co Play Doc, Ikfem, Festas de San Telmo e do Meixón, Descenso do Miño, Cabalgata de Reis, etc. Temos tamén o reto de obter fondos estatais para a rehabilitación do Teatro Principal.
Está satisfeito coa súa experiencia no Goberno?
Si, pero queda moitísimo por facer, non hai lugar para autocomplacencia, os últimos anos foron moi negativos para Tui pola paralización e o declive económico e demográfico, polo que hai que continuar traballando. Tivemos unha oposición leonina e obstrucionista e encaramos, con éxito moderado, a maior traxedia da historia contemporánea de Tui como foi a explosión de Paramos.
Cree que a moción de censure lle pode beneficiar ou prexudicar?
Nin beneficia nin prexudica. Se trata de avaliar que pasou despois da moción de censura. Hai que valorar se valeu a pena en termos do que pasou despois e penso que si. Os que desaloxamos do goberno seguen amparando un gravísimo dano no departamento de urbanismo. Fixeron unha serie de alianzas moi estrañas e moi difíciles de explicar.
Estas eleccións estarán menos fragmentadas. Será beneficioso?
A priori beneficia a todos os que nos presentamos. É unha oportunidade de obter maior apoio. Será unha corporación menos fragmentada con seis partidos fronte a oito. Veremos que Goberno e oposición se configura.
Con quen pactaría se non logra a maioría absoluta?
Como partido de centro liberal podemos falar con todos, pero hai unha certa preferencia cara o centro dereita porque tivemos un goberno en coalición razoablemente satisfactorio ao longo do último ano e medio. O comportamento da oposición dificulta tremendamente un entendemento.
Aprobou o Plan Director de Turismo. Que pasos se deben seguir? Débese loitar pola desestacionalización?
Hai sempre o obxectivo de desestacionalizar, non é fácil. Evidentemente non somos un destino de praia, aínda que a pequena escalar o seremos cando poñamos en condición as praias fluviais, pero de forma secundaria na nosa oferta turística monumental e de contacto coa natureza. A Rede de Xuderías vai ser moi interesante para atraer a turismo de elevado poder adquisitivo que vai deixar moito diñeiro en Tui. Esa é a liña, buscar ese tipo de turismo. Tamén se poden abrir outras vías, como o Camiño de Fátima ou un irmandamento cunha localidade irlandesa. Ten que ser unha oferta ampla. Outra liña é poñer un barco eléctrico para facer un traxecto dende Tui río a baixo e hai unha empresa moi interesada.
Construirase o aparcamento da traseira da Área Panorámica asociado á zona azul en superficie?
Hai dúas opcións que explico no meu libro. Esta esa opción ligada á zona azul, que paga as perdas do aparcamento subterráneo. Está a solución da oposición de gastar seis millóns de euros do Remanente, que é unha ruína, unha bolivariana. E está a opción dun aparcamento en altura pero que obriga a modificar o PXOM. Hai que acabar con esa anomalía que nos asemella máis a África que a Europa como é un aparcamento de terra no centro. Iso en catro anos non pode estar así de ningunha maneira.
Por cal das opcións se inclina Carlos Vázquez Padín?
Somos os únicos que puxemos unha opción sobre a mesa. Estou disposto a que mediante unha plataforma de participación cidadán escollan os veciños. As dúas teñen pros e contras.
Teme que a xudicialización de parte do seu mandato o prexudique?
Non sei me prexudica a min ou a oposición. Moitos cidadáns saben que iso forma parte dunha cacería e dun xogo sucio para eliminar a un alcalde que todo o mundo sabe que é escrupulosamente honrado.
Que sería un bo resultado?
Tres concelleiros sería aceptable e catro ou máis seria un bo resultado.
E un mal resultado?
Sería seguir con dous concelleiros despois de ter feito unha labor moi positiva. A día de hoxe non o contemplo.
Como se debe preparar Tui para o Xacobeo 2021?
Temos que ter a casa o máis limpa e ordenada posible, sobre todo co conxunto monumental que está nun estado francamente mellorable.
Que pasos hai que dar en Paramos?
Hai que avanzar xa cos servizos da zona. Ese é o elemento pendente.
Vostedes foi moi crítico coa Deputación de Pontevedra e co Goberno de España. Por que?
Si. Sobre todo co Goberno de España. Foi moi difícil establecer unha interlocución co Estado, non tiveron interese neste asunto. Foron sempre a remolque das miñas reivindicacións e accións de protesta. Foi bastante bochornoso. Cando Pedro Sánchez estivo aquí comendo alguén tiña que dicirlle que se implicara e resolvera o problema.
Que proxecto lle gustaría liderar en Tui nos próximos catro anos?
O paseo fluvial é fundamental, apertura da rúa Ourense cara a Concordia ou un túnel que propoñemos para unir Antero Rubín con Maristas por debaixo da Concordia. Son un conxunto de cousas. Me ilusiona o conxunto de Tui e ver a un concello máis próspero e con mellor calidade de vida.
CONVERXENCIA 21 (C 21)
1. CARLOS VAZQUEZ PADIN
2. MILAGROS GONZALEZ MONTEIRO
3. JOSE MANUEL PALACIN RODRIGUEZ
4. BEATRIZ GONZALEZ SOUSA “BEATRIZ DE CLÈVES”
5. MONICA ROMERO GONZALEZ
6. MARIA JESUS GUINDE MARTINEZ
7. EDUARDO FREIRIA MARTINEZ
8. EVA RODRIGUEZ CASTRO
9. SONIA SANTOS FERREIRA
10. JAVIER CASILLAS GOMEZ
11. MARIA JESUS DA SILVA FERNANDEZ
12. XACOBE SEQUEIROS GONZALEZ
13. MARIA DEL CARMEN MARTINEZ DIZ
14. MARGARITA MACEDO GIL
15. FRANCISCO JAVIER NIÑO ALONSO
16. IRENE RODRIGUEZ GOMEZ
17. EMILIO GONZALEZ CRUCES
Suplentes
1. MARIA TERESA GONZALEZ MARTINEZ
2. MARIA DOLORES GARCIA PRIETO
3. JUAN CARLOS RODRIGUEZ CONSTANTINO
4. LUCAS JOSE CARUNCHO DIAS
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL