En poucas palabras, Por que os veciños e veciñas de Mos deben escoller a papeleta do BNG?
O primeiro é que temos as ideas claras de como construír un novo concello de futuro que sexa verde, feminista e sobre todo que mire polo benestar da maioría da veciñanza. En segundo lugar, imos acabar co caciquismo do PP e da alcaldesa Nidia Arévalo. En terceiro lugar, temos un proxecto de futuro con servizos públicos, medioambiente, servizos sociais, etc. E por último porque precisamos unha renovación profunda, non só a nivel de ideas, senón tamén de persoas que non estean contaminadas polos especuladores e o caciquismo propio do Partido Popular.
Como te imaxinas o Mos de dentro de catro anos?
Se o BNG logra a alcaldía será un Mos totalmente diferente. Máis verde, que o medioambiente non sexa algo anecdótico senón fundamental. Que os servizos públicos sexan de calidade e para toda a veciñanza. Que por fin teñamos un urbanismo racional con vías ben construídas.
Que retos ten Mos a nivel cultural?
A cultura en Mos a xera as asociacións culturais e veciñais. Polo tanto, ten que haber unha clara aposta para axudalas e que poidan desenvolver a súa labor. Por iso, queremos poñer en marcha máis axudas. E despois, débese ampliar o abano cultural dende o Concello.
Coa polémica que rodea ao proxecto de Mouriño, consideras que estas eleccións son fundamentais para Mos?
O proxecto está paralizado até despois das eleccións. Do goberno resultante se decidirá se se aproba ou non. O proxecto do Celta é unha desfeita dende o comezo. Non se contou cos propietarios e afectados e sempre se deu as costas á veciñanza. O señor Carlos Mouriño é un empresario e non ven a facer o ben a Mos, senón que vén a facer o ben para o seu peto. Se o BNG chega ao goberno vai paralizar o proxecto. É unha desfeita.
Que farías nos teus primeiros 100 días?
Por desgraza o primeiro que hai que facer e ver as contas do Concello. Mos ten a deshonra de ser un dos máis endebedados de toda a provincia, pero o máis preocupante é que as contas non están claras. A comezos de ano debíase publicar a liquidación -é dicir, o que se gastou e se ingresou en realidade o ano pasado- pero a alcaldesa non o quere publicar e tememos que é porque será unha desfeita económica.
Cales son as grandes urxencias?
Son moitas. Os servizos en Mos deben ser de calidade e para a veciñanza. Por exemplo, parece mentira que en Mos que estamos ao carón de Vigo o acceso a internet sexa pésimo e en moitos lugares nin hai. Iso que pode parecer unha parvada é moi importante e o Concello non fai nada. En medioambiente o Concello é deficiente. Tamén en abastecemento e saneamento, levan dez anos prometendo o saneamento integral e nin está nin se lle espera. Estamos atravesados por dúas autovías, un AVE e un aeroporto, tamén é un problema. O Concello ten que dar a cara e pelexar polos intereses dos veciños.
Estariades abertos a formar un goberno tripartito se o PP non logra maioría absoluta?
Non me corresponde a min tomar a decisión, senón ao partido e simpatizantes. En caso de que ocorra o que me plantexas, está claro que vai ser case imposible que o PP goberne. A fórmula agora é aventurada, pero case podo garantir que o PP non gobernaría. Se depende de nós.
Debe fomentarse a creación dun casco urbano en Mos?
Evidentemente. Mos é unha paradoxa en Galiza. Somos 15.200 habitantes e non temos núcleo urbano. O BNG defende dende hai máis de dez anos que se ten que constituir un centro urbano onde estean centralizados os servizos. Apostamos porque se consolide un núcleo nas Pozas, en Petelos.
Tendo en conta a subida do Bloque nas xerais, tedes maiores expectativas nestas eleccións?
O BNG está en ascendencia. É difícil extrapolar os datos dunhas a outras, pero as nosas expectativas e sensacións e que imos a dar un salto importante. Non porque esteamos de moda, senón porque fomos a única oposición real. Fixemos máis cun concelleiro que o resto con seis.
Ser un concello limítrofe con Vigo ten prexudicado máis que beneficiado a Mos?
En principio, a lóxica di que deberíamos saír beneficiados. Porén, a política curtoplacista e localista que se practica en Vigo e en Mos enfronta a concellos que deberían colaborar. O exemplo máis palpable é a área metropolitana que está parada por loitas partidistas que o única que fan é prexudicar á veciñanza. Isto ten que cambiar.
Es partidario entón de reactivar a Área Metropolitana?
Por suposto. A Área Metropolitana é unha administración que sería moi positiva porque nos permitirá compartir servizos.
Por exemplo, a Área Metropolitana permitiría acabar co que pasa co aparcamento gratuíto construído por Vigo no Cunqueiro...
Se houbera unha Área Metropolitana, que evidentemente debe estar presidida por Vigo, todos os concellos poderíamos construír entre todos un aparcadoiro gratuíto. Xa non habería ese problema de para os de Vigo si e para os de fóra non.
Como faredes para facer fronte a esas débedas e á vez desenvolver o voso programa?
Moitas veces os programas parece que se constrúen no aire e son soamente promesas. Hai moita opacidade nas contas do Concello, pero nós fixemos un estudo e somos quen de lograr preto de medio millón de euros para levar adiante partes do programa. Eliminaremos unha dedicación exclusiva, reduciremos en 3.000€ o resto e en 13.000€ o soldo da alcaldía, ademais de eliminar unha persoa de confianza. Soamente con iso aforramos 50.000€ ao ano. Tamén hai gastos superfluos. En deportes gástanse 5.000€ en trofeos. Os premios están ben, pero estarían mellor investidos nas entidades deportivas. Hai ademais multitude de axudas e subvencións da Deputación, Xunta, Goberno central e Europa que se están a perder. Hai marxe de mellora.
Pagan os mosenses demasiados impostos?
A alcaldesa presume de que os impostos levan conxelados moito tempo. O que non di é que o Concello subiu unha media do 50% todas as taxas entre o 2011 e 2013. Pagamos impostos a nivel de Vigo pero sen os servizos de Vigo. Por desgraza, non podemos prometer unha baixada e é moi temerario prometer iso, porque primeiro hai que sanear as contas que roldan os 11 millóns de euros de débeda.
Un proxecto para Mos que te gustaría impulsar...
Son moitos. Un dos que a min especialmente me interesa moito é a recuperación do Castro de Torroso, que está abandonado e é un dos máis importantes de Galicia e de España. E outro proxecto sería levar o modelo da humanización que fixemos cando gobernamos na contorna do Pazo de Mos ao resto das parroquias. Queremos que en cada parroquia exista un punto de reunión humanizado, acondicionado e posto en valor.
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
1. GUSTAVO BARCIA SEIJO
2. MIGUEL ANXO ALDEA MOSCOSO
3. MARIA DEL CARMEN VILA BLANCO
4. MARIA CRISTINA REPRESAS ROMERO
5. DAVID OTERO BLANCO
6. ALBERTO BARREIRO RICON
7. MARIA ELENA LOPEZ FERNANDEZ
8. TANIA JORGE SANTOS
9. SEVERINO ROMERO RIVERO
10. ADELINO FERNANDO GOMES DOS SANTOS
11. TAREIXA MARIÑA LOURIDO GIRALDEZ
12. MARIA ISABEL RAMILO RIVERO
13. SAMUEL PEREIRO PEREZ
14. FRANCISCO GARCIA COBAS
15. JENIFER MUNIN ALONSO
16. IOLANDA OTERO SEIJO
17. JOSE CARLOS CABALEIRO ROMERO
Suplentes
1. JUAN CARLOS ROMERO MONTES
2. MARTA MOREIRA FONTAN
3. OSCAR RODRIGUEZ CAMPO
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL