• Pozas en Galicia
  • Rallye Rías Baixas 2025
  • Fiestas Playa América
  • Parque de ocio en Mos
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Parque acuático Porriño
  • PortAmérica 2025
  • Próxima apertura Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Municipales 2019

Jose Cuevas (Nigrán Decide): "Imaxino un Nigrán cunha liña de transporte público para as parroquias"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónÁngel VilaPorCarlos I. CastrillónyÁngel Vila
24/05/2019

Que motivos lle daría ás veciñas e veciños de Nigrán para que elixan a súa candidatura este domingo?

Temos un proxecto de futuro e serio para Nigrán. Temos medidas concretas para avanzar en temas estratéxicos como pode ser o Urbanismo co PXOM.

No caso de ser alcalde ou estar no goberno, como se imaxina o Nigrán de dentro de catro anos?

Máis participativo e transparente. Máis democrático. Cun PXOM aprobado e que favoreza á maioría da poboación, non a uns poucos. Un Nigrán con certos cambios estruturais en turismo, desemprego e transporte público. Imaxino Nigrán cunha liña de transporte público que una as parroquias do interior.

Cales son os retos a nivel cultural que ten Nigrán?

O maior avance que houbo nestes catro anos foi a construción da nova biblioteca na cal fomos determinantes. Tanto este goberno como o anterior ou ben querían facer un traslado ou unha ampliación da que había. O proxecto actual pensa a longo prazo para pensar na biblioteca como un lugar de intercambio cultural. Por outra parte, a programación cultural está moi enfocada á festa no verán. Queremos dar máis peso a actividades como teatro ou cinema durante todo o ano.

Con que expectativas encarades as eleccións municipais?

Nos presentamos para gañar as eleccións, claro. Pero gustaríanos polo menos aumentar a nosa presenza. Estes catro anos o noso traballo foi moi rigoroso con propostas en positivo. Fixemos oposición construtiva e iso a xente o viu. Esperamos seguir sendo determinantes.

Que sería para vós un bo resultado?

Lograr catro concelleiros.

E un malo?

Repetir dous concelleiros, porque significaría que non fomos quen de transmitir o noso traballo á veciñanza.

Con quen pactaríades para formar goberno?

O lóxico é cos que estamos máis próximos ideoloxicamente, pero debe ser segundo un programa. No anterior mandato fixemos 37 propostas para facilitar a investidura ao alcalde. Dixo que estaba de acordo co 90% e despois non se cumpriu practicamente ningunha. Un pacto debería ser claro e público con controis sobre a súa execución.

Por que un votante de esquerdas debe votarvos?

Se ben dentro do campo da esquerda hai varias opcións, co PSOE como maioritaria, é necesario alguén que lle lembre o que é unha política de esquerdas. Este convenio non aplicou o convenio colectivo a certos traballadores temporais.

Que medida tomaríades nos primeiros 100 días de goberno?

Facer público o estado actual de tramitación do PXOM. Non o vemos claro. Parece ser que o equipo redactor entregou a documentación pero non se manda a todos os organismos que teñen que ser informados. A segunda medida sería implantar, algo que está aprobado a iniciativa nosa, canles de participación da sociedade civil de Nigrán. E en terceiro lugar, establecer un control real sobre as empresas privatizadas que son concesionarias de servizos públicos. Hai auditorías que din que a do lixo nun ano non fixo servizos por 100.000 euros e non se lle reclama. Hai que establecer un control.

Que papel debe xogar Nigrán na comarca do Val Miñor?

Somos o concello máis grande do Val Miñor. Formamos parte da Mancomunidade e cremos que hai que reestruturala. Non pode seguir como funciona. Agora é soamente un órgano administrativo que xestiona dous ou tres servizos. O presidente de turno, que é un alcalde, o que fai e esperar a que pase o mandato para pasarlle os problemas ao seguinte alcalde. Pero ten que ser algo entre os tres concellos.

Estás dacordo na constitución da Área Metropolitana de Vigo?

É fundamental. Ten que desbloquearse. Hai servizos, como a auga, que consumimos todos do mesmo encoro, polo que a xestión debe ser conxunta. É fundamental especialmente para o tema do transporte. Igual que nós queremos crear unha liña municipal entre as parroquias é necesario solucionar os problemas do transporte con outros concellos, co Hospital e coa Universidade.

Que se fixo mal neste 4 anos?

Houbo certo pasotismo con respecto a propostas positivas que fixemos como no control dos vertidos aos ríos e mares ou no aforro de enerxía no alumeado público. O que se fixo peor foi permitir que a xente se bañara en Praia América sabendo que estaba contaminada. Pero máis que mal o peor foi non facer. Non se fixeron avances substanciais no PXOM.

Cal é o modelo turístico que se debe aplicar en Nigrán?

Hai que fomentar un turismo de calidade e respectuoso co medio ambiente. Hai que desestacionalizalo, que é moi sinxelo dicilo. Propoñemos un Plan Estratéxico de Turismo para implantar unha serie de medidas que fomente o turismo todo o ano. Por exemplo, poñer un panel publicitario en Caminha onde se divide o Camiño de Santiago para indicar a variante da costa.

Que opinión ten sobre a renuncia das bandeiras azuis?

Pedín ao Concello todos os escritos recibidos e enviados a Fundación Europea de Educación Ambiental para coñecer esas supostas presións que fan sobre Nigrán. Non se nos facilitou. Estamos un pouco a cegas, sobre todo cando o alcalde se referiu a unha certa discrecionalidade. Agora ben, o fundamental é que as praias sexan seguras e estean limpas. O problema e que este goberno ocultou xa unha vez unha contaminación aos bañistas durante seis horas. Non nos parece de fiar que vaia manter os controis. Ou seguen as bandeiras azuis ou se aplica algún tipo de control externo.

No verán hai en Nigrán eventos como o Vive Nigrán, o Solpor, o Nigranjazz ou o Season Fest, que fariades con estas citas?

Algúns son prioritarios, outros non. Vive Nigrán é unha marca privada. Manteríamos un ocio de verán pero sen unha excesiva proliferación. Están proliferando festivais e festas que están a xerar problemas de convivencia polo ruído. Continuaríamos con esa política pero mantendo un equilibrio coa convivencia dos veciños.

Xa sei que non é competencia municipal, pero ¿tedes algún plan forestal para evitar que ocorra unha traxedia como a de Chandebrito?

Hai que cumprir a lei. Estableceríamos ademais unha colaboración coas Comunidades de Montes para tratar de cambiar o modelo forestal. Substituír especies altamente combustibles por outras que non o sexan.

Que proxecto lle ilusionaría a Jose Cuevas facer por Nigrán?

Igual que cando comezamos o mandato fixemos un estudo entre 50 concellos de Galicia sobre a biblioteca que tiña que ter Nigrán. Agora toca o saneamento e un centro de día no antigo centro de saúde de Panxón.

NIGRÁN DECIDE

Ver programa electoral completo
Fai clic aquí para ver a lista completa

NIGRÁN DECIDE–SON EN COMÚN (NIGRÁN DECIDE)

1. JOSE CUEVAS RAPOSO

Másnoticias

Orquestas top como París de Noia, sardiñada y fuegos artificiales en las fiestas de Playa América

05/07/2025
Estado de Chandebrito pocos días después de los incendios del 15 de octubre de 2017

Un incendio en Chandebrito revive en los vecinos los recuerdos de la pesadilla de los fuegos de 2017

05/07/2025

2. ALBA COSTAS LORENZO

3. ANXO DANIEL MOSQUERA NOGUEIRA

4. MARIA COMESAÑA VALVERDE

5. JESUS MESIAS ABRIL

6. MARIA DO CARME GIRALDEZ FERNANDEZ

7. JOSE MANUEL FIGUEROA FAJO

8. PATRICIA GOMEZ COSTAS

9. ANTONIO VALVERDE VALTIERRA

10. JACOBO GALLEGO GUISANDE

11. SUSANA MARIA HERNAIZ VALERO

12. GUSTAVO VEREMUNDO BODELON VELASCO

13. CONCEPCION MILAGROSA GONZALEZ LISTA

14. FRANCISCO TRAVIESO LADRA

15. SANTIAGO FRAGA RIVAS

16. ROSA MARIA VILA COLLAZO

17. XOSE MANUEL GARCIA CREGO

Suplentes

1. MARIA LUISA FERNANDEZ BENITEZ

2. JESUS SILVESTRE RODRIGUEZ GONZALEZ

3. BETTY MIREYA LEON FONG

Temas: elecciones municipalesmunicipales NigránNigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Municipales 2019

El PP gana en Redondela, pero AER decidirá quién gobierna

Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave

PorCarlos I. Castrillón
27/05/2019
Municipales 2019

Euforia del PP en Mos e incógnitas en O Porriño y Salceda

Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo

PorÁngel Vila
27/05/2019
Municipales 2019

O Val Miñor se tiñe de rojo: el PSOE se impone en los tres municipios

Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona

PorÁngel Vilay1 Otros
27/05/2019
Municipales 2019

O BNG convértese na primeira forza de Moaña e podería revalidar a alcaldía

O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta

PorÁngel Vila
27/05/2019
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X