En poucas palabras, que motivos lle das ás veciñas e veciños de Moaña para que apoien a túa candidatura o vindeiro 26 de maio?
A idea fundamental é porque conseguimos conformar un gran equipo, con xente preparada, formada e con capacidade de xestión. E teñen a oportunidade nestas eleccións de optar por un proxecto ambicioso e moi axustado á realidade de Moaña. Nestas eleccións está en xogo o modelo de futuro da Moaña que teremos.
Como te imaxinas a Moaña de dentro de catro anos?
Imaxino unha Moaña na que o diálogo e a participación sexan o eixo fundamental de calquera xestión municipal, unha Moaña interxeracional, aberta, inclusiva, unha Moaña moito máis transversal onde a igualdade e o feminismo sexan bandeira deste Concello e, sobre todo, unha Moaña pensada nas persoas na que calquera política estea centrada para o beneficio das moañesas e moañeses.
Cales son os retos a nivel cultural que ten Moaña?
O primeiro reto é seguir afianzando o Festival Intercéltico como o principal evento cultural de atracción turística para o noso Concello. Temos por diante aproximar as actividades culturais ás diferentes parroquias e barrios. Moaña ten moita actividade que durante moitos anos estivo focalizada na zona centro. Neste último mandato conseguimos instaurar algunhas actividades das parroquias e logrou dinamizar estas zonas. Temos que seguir avanzando nesta cuestión. E non podemos esquecernos de implementar actividades para o público de 15 a 19 anos e a xente de máis de 45 anos.
Como valoras a experiencia do bipartito?
Os dous partidos demostramos que tiñamos capacidade de xestión e que por encima da ideoloxía e dos partidos estaba o proxecto que asináramos no que Moaña era o principal. Cando moitos incluso auguraban que este pacto ía ter unha caducidade temprana, non foi así. Demostramos que dúas forzas políticas que teñen un proxecto en común poden gobernar conxuntamente e poden facelo ben.
PSdeG e BNG gobernaron Moaña durante a maior parte do período democrático, por que non se construíu nestes anos un Auditorio municipal?
Non logrou construírse porque o espazo ao que se destinou o Auditorio non depende só da xestión que se faga a nivel municipal, senón que depende tamén dunha xestión por parte privada. O Concello quedou un pouco atado de mans en canto a capacidade de desenvolver por si mesmo o Auditorio. Agora mesmo temos unha parcela con terreos, pero o que non temos é o sistema viario que nos leve a ese terreos. Case que empezamos a casa polo tellado. Temos a parcela, temos o proxecto pero non temos como chegar a esa parcela. Nós nestes catro anos avanzamos para adaptar o proxecto á normativa e a partir de aquí o noso obxectivo co Auditorio é desatascar o sistema que desenvolva esa urbanización, é dicir, é facer o sistema viario que nos permita chegar a ese futuro Auditorio.
Que plan tedes co turismo? O fomentaredes aínda máis ou é suficiente coa demanda actual?
Hai que seguir avanzando para fomentar máis o turismo. Nestes catro anos fixéronse moitas cousas para que fose un turismo anual e non só estival e hai que seguir nesa dirección. O turismo é o motor do crecemento económico dunha vila. Se o turismo é activo crece a economía e crece e o emprego e é unha postura que creo que debemos potenciar.
Que postura seguirá o PSdeG en Moaña para lograr o novo centro de saúde?
Isto é un capricho da Xunta de Galicia coa complicidade do PP de Moaña, que impide que Moaña conte cun centro de saúde. O Concello de Moaña fixo o que tiña que facer no seu día, que era comprar terreos. Foron diferentes Corporacións as que se implicaron na compra deses terreos. Tamén o Concello, nesta lexislatura, desenvolveu e dotou nos orzamentos 300.000 euros para o desenvolvemento urbanístico desa parcela e agora mesmo a pelota está no tellado da Xunta de Galicia, que é a que di que esa parcela non lle vale cando fai catro anos, cando o señor Fervenza era alcalde, sí que lle valía. Eu creo que é un agravio comparativo que a Xunta de Galicia está tendo co Concello de Moaña con respecto a outros concellos limítrofes onde con menos metros e con menos edificabilidade constrúe centros de saúde sen poñer tantos requisitos.
Que proxecto te gustaría facer por Moaña?
Temos dous proxectos que mellorarían moito a nosa vila. Un é “Moaña pola costa”, no que presentamos unha senda litoral dende a parroquia de Domaio ata a parroquia de Tirán que conectaría co Concello de Cangas todo pola costa e que teremos que xestionar directamente con Costas del Estado en Madrid. Este proxecto si que sería un avante turístico moi importante e facilitaría a mobilidade interior nas nosas parroquias. O outro plantexamento é un avance na mobilidade interior dende os barrios periféricos ata o centro de Moaña que é onde están os servicios. Propoñemos crear unhas liñas de mobilidade interior de transporte que requeriría xestión municipal pública a través de convenios con empresas de microbuses ou taxis para que a xente que vive nos barrios periféricos do Concello teña máis facilidades á hora de acceder aos servizos que se prestan.
De que proxecto estás máis orgullosa nestes últimos catro anos?
Non destacaría ningún proxecto grande. Un se sinte orgulloso daquelas pequenas cousas que ao mellor non son tan visibles como grandes infraestruturas, pero sí ves que cambian moito a calidade da vida das veciñas e dos veciños. Houbo pequenas actuacións que se fixeron no departamento no que eu estaba ao fronte, que era Obras e Servizos, que requiren dunha atención directa ca veciña ou veciño que entra pola porta e ao final me quedo con cada problema que se logrou resolver para estas moañesas e moañeses.
Tras a dinámica alcista que experimenta a marca PSOE nas xerais, esperas aumentar o apoio nas municipais?
Nós esperamos que esa dinámica, sumado ao equipo que presentamos e ao proxecto, nos permitan ter un incremento importante con respecto ás últimas eleccións municipais. Consolidar os resultados que tivemos nas xerais e incluso poder atraer votantes doutras forzas políticas como Podemos, que en Moaña non presentan candidatura, a nós nos consolidaría e nos daría a Alcaldía.
Temes que afecte á túa candidatura a polémica na confección da lista electoral?
Non creo que afecte. Cando hai procesos de renovación interna sempre xorden discrepancias. Cando un cree nun partido e ten clara a ideoloxía que representa, ten que entender que por encima dos intereses persoais hai un beneficio xeral das veciñas e veciños. Fixemos un equipo pensando nesta cuestión, sempre recoñecendo o traballo que fixeron persoas próximas ao partido en corporacións anteriores e incluso a nivel orgánico. A día de hoxe moita desa xente que discrepaba traballa a prol de que Moaña teña un goberno socialista.
No caso de non conseguir maioría absoluta, repetirías goberno co BNG?
Eu espero que sexa ao revés. Que estean eles dispostos a repetir goberno con PSOE e que sexamos nós a primeira forza. Eu creo que por encima de calquera circunstancia penso que en Moaña ten que haber un goberno de esquerdas. Non sei cales serán as circunstancias a partir do 26 de maio. Esperamos ser nós a forza máis votada e, polo tanto, ter nós por primeira vez a Alcaldía dende que gobernou Cándido Pena.
Nas últimas semanas hai xente reclamando unha rúa para Iago Aspas. Consideras que é prioritario?
Iago Aspas é un referente para Moaña. Esa iniciativa non chegou ata o Concello. No momento no que chegue a valoraremos como se valoran outras. Penso que ten méritos suficientes para acadar ese recoñecemento.
PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. MARTA FREIRE RIOBO
2. RODRIGO CURRAS TORRES
3. CARLOS JUNCAL COSTA
4. NOELIA RODRIGUEZ ANDRADE
5. JULIO MARTINEZ RODRIGUEZ
6. MARIA DEL CARMEN DEL RIO ABAL
7. LUCAS DEL RIO CORTEGOSO
8. FATIMA FERRADAS GONZALEZ
9. MARIO RODRIGUEZ GARCIA
10. MARTINA PORTELA CURRAS
11. ALEJANDRA FERNANDA LANDESA PENA
12. JOSE PASTORIZA ALVAREZ
13. MARIA TERESA SUAREZ RIOBO
14. MONICA GABRIELA BAGHIU
15. FRANCISCO DEL RIO SEIJAS
16. CARMEN MARIA TOME CRUZ
17. JOSE LUIS LEITE FRAGA
Suplentes
1. GLORIA CHAPELA LEMOS
2. JOSE MANUEL MARTINEZ VILLVERDE
3. JOSE ANGEL FERRADAS PASTORIZA
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL