Este mércores, 27 de decembro, comeza o ciclo de cine de Nadal organizado pola concellaría de cultura no Centro Social do Mar de Bueu. Esta tarde poderá verse a partir das 17.00 horas o filme "Ponyo en el acantilado", que conta a historia de Sosuke, un rapaz de cinco anos, e da súa relación cunha princesa peixe que desexa converterse nun ser humano.
As proxeccións continuarán o sábado 30 de decembro, á mesma hora, con "Kubo y las dos cuerdas mágicas", e o 4 de xaneiro con "El viaje de Arlo". Todas as sesións serán de balde ata completar aforo (previa retirada da entrada na billeteira, que abrirá media hora antes).
Para a rapazada tamén se organizan os Obradoiros e Xogos polo Nadal, no que poderán participar os nenos e nenas de 3 a 12 anos, que terán a oportunidade de xogar e aprender sobre as tradicións de Nadal, ata o 5 de xaneiro na sala multiusos do Centro Social do Mar en horario de 10 a 14 horas.
Este mércores están programadas ademais outras actividades, como a presentación do libro Septiembre puede esperar de Susana Fortes. Este acto, organizado pola Libraría Miranda, terá lugar no salón de actos do IES Johán Carballeira a partir das 19.00 horas.
E para os máis cinéfilos, o Cineclub Bueu proxecta ás 21.00 horas a película Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas. En versión orixinal castelá, a cota de entrada para socios/as será de 2.00 € e de 4.00 € para os non socios/as. O filme é unha conversa imaxinada entre a autora e o barrio de San Cristóbal, situado na periferia de Madrid. É un xogo constante entre formas e fondo, que enfronta os prexuízos da narradora coas emocións do espectador que a acompaña; un percorrido libre e suxestivo que abandona de maneira progresiva o documental clásico e transfórmase nun ensaio en primeira persoa.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL