Foron ás Illas Cíes, comeron peixe e agora poñen rumbo a Moaña. Os Bolechas, posiblemente as personaxes máis populares entre os máis pequenos, protagonizan un novo libro. A familia galega que conquista dende anos a milleiros e milleiros de cativos e cativas percorrerá na súa última publicación lugares emblemáticos da localidade da comarca do Morrazo como O Fisgón, San Bartolomeu, A Poza da Moura, Chan de Arquiña ou as igrexas de San Martiño e Tirán.
Unha das novidades desta historia é que Os Bolechas atópanse na súa viaxe por Moaña co futbolista Iago Aspas e co gaiteiro Xavier Blanco. Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa tamén participarán nunha regata traiñeiras durante o Festival Intercéltico do Morrazo.
"Os Bolechas van a Moaña" é un percorrido de lugares, persoas e tradicións moañesas para que as nenas e nenos descubran o concello morracense da man da familia que creou Pepe Carreiro. Dende o Concello de Moaña sinalan que a importancia de que Os Bolechas "son un referente de familia galego falante e dese xeito vincula a Moaña co uso da lingua por parte da infancia".
A publicación da Editorial Bolanda editouse por iniciativa do Concello de Moaña, que será o encargado de vender o libro por un prezo de 8 euros a través dunha tenda de comercio electrónico que se estreará o vindeiro luns na web municipal. Non obstante, "Os Bolechas van a Moaña" poderá adquirirse excepcionalmente na presentación do libro, este sábado ás 19:00 horas, aboando a cantidade coa tarxeta bancaria.
A publicación estrease este sábado 15 de setembro na carpa temática que instalou a Deputación de Pontevedra xunto ao Palco de Música. O "pai" dos Bolechas, Pepe Carreiro, estará presente para presentar esta publicación e asinar os primeiros libros para aqueles que o fagan pola vía da tarxeta bancaria.
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo
El próximo sábado 15 de febrero, el Casco Vello de Vigo acogerá la VIII Merdeirada Cativa, una cita pensada para los más pequeños
Vialia Vigo acoge este viernes y este sábado en diferentes horarios el taller de cocina para peques “Crea tu pizza”
“Os logros acadados son debidos ao apoio e colaboración de moitas persoas", destaca o catedrático de Tecnoloxía Electrónica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL