O Centro Cultural da Guarda acollerá o espectáculo musical "Vai ser boa!", do grupo Migallas Teatro, o vindeiro sábado 21 de abril ás 18:00 horas.
A función baséase no popular libro-disco infantil P2an de millo", publicado pola editorial Kalandraka, dirixido ao público familiar. A obra componse de cancións infantís e versións de temas tradicionais como "Pinocho", "O espantallo divertido", "Eu teño un canciño", "Miña abuela Manuela" ou "Unha vella tiña un can", producidas por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.
A música do espectáculo está gravada, mais as voces solistas serán en vivo, polo que as cativas e cativos poderán introducirse nesta comedia musical da man dos seus protagonistas: a panadeira (María Campos) e o panadeiro (Carlos Yus). Os temas que se tratarán no espectáculo serán, entre moitos outros, a importancia da relación entre avós/avoas e as súas netas e netos, a transmisión da lingua a través da cultura tradicional e o coidado e respecto aos animais e a natureza.
As estradas para asistir á función poderán recollerse dende o sábado 14 de abril no Centro Cultural, en horario de 10:00 a 13:00 horas. De luns a venres, os tíckets estarán dispoñibles de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, ata completar as prazas dispoñibles.
Esta é unha actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional do Libro (23 de abril), contando co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais para a dinamización lingüística.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL