O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición dende o 4 de maio ata o día 25 de maio no “Campamento de Verán 2018”, organizado a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar ao tempo que se ofrecen actividades de tipo educativo e lúdico á rapazada. Os formularios de inscrición e as bases poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, e na Oficina de Información Cidadá do Concello ou descargarse da páxina web do concello.
O campamento, que conta con 120 prazas, está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2015 e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres no CIP de Panxón en horario de 9.00 a 14.00 horas (existe a posibilidade de ampliar o horario se hai un mínimo de 30 interesados). Os prezos públicos son de 85 euros no horario ampliado e 75 no reducido, quedando en caso de bonificación en 21,25 e 18,75 euros respectivamente. Deste xeito, poderanse acoller a bonificación as familias en situación de dificultade económica-financieira, entendendose así cando os ingresos mensuais (14 pagas anuais) da unidade familiar non superen os 735,90 € se son dous membros e ata chegar aos 1.471,90 se son 7, para o cómputo destes ingresos restarase o aluguer ou hipoteca ata un máximo de 300 euros.
Para a selección de participantes valorarase coa maior puntuación aos menores empadronados en Nigrán ou con pais traballadores en Nigrán e os casos de especial vulnerabilidade.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL