O Museo do Mar de Galicia, situado na Avenida da Atlántida en Vigo, contará durante esta Semana Santa con diversas exposicións e actividades complementarias para nenos e nenas de todas as idades.
A iniciativa da Xunta de Galicia, que se replica en todos os centros museísticos de administración autonómica, busca “facilitar o achegamento dos rapaces a estes centros durante as vacacións”. As actividades desenvolveranse dende o martes, 27 de marzo, e até o domingo, 1 de abril.
Este martes, mércores e xoves, ás 12.00 horas e con reserva previa, os nenos de a partir seis anos poderán desfrutar de “Mar, orixe da vida”, que descobre a xénese marítima da vida na terra. A través de elementos da exposición permanente e con recursos didácticos, os participantes elaborarán ademais unha réplica dun fósil mariño que poderán levar á súa casa.
Pódeche interesar: Unhas festas de San Telmo en Tui para os máis pequenos
Do venres ao domingo, tamén ás 12.00 horas, con “Arqueoloxía, unha ciencia por descubrir” tírase partido do castro parcialmente escavado que existe no museo para coñecer o traballo dos arqueólogos, non só de xeito teórico, senón cunha recreación práctica.
Finalmente, todos os días até o domingo, ás 17.30 horas, haberá visitas guiadas ao museo, para coñecer as súas instalacións e contidos de xeito máis detallado.
Os interesados poden obter máis información no caso das reservas a través do teléfono do museo no 986 24 77 50.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL