O Concello de Redondela organiza para este mes de agosto dous obradoiros de arqueoloxía nas praias de Cesantes e Arealonga. O obxectivo deste obradoiros e o de amosar aos rapaces, dunha maneira lúdica, o proceso científico de escavación arqueolóxica e facelo ademais cun tema moi vencellado a historia redondelá como é a Batalla de Rande.
Con estas tarefas procurarase que os participantes coñezan e valoren a súa historia, entendéndoa coma un patrimonio a protexer, gozar e do que aprender. Os rapaces realizarán esta escavación arqueolóxica tendo en conta todo o proceso científico dunha intervención destas características, fomentando o traballo en equipo, mellorando a súa relación co medio e coa historia, así como potenciando as súas capacidades cognitivas.
As actividades de arqueoloxía Terán lugar o martes, 8 de agosto, en Arealonga e o xoves, 10 de agosto, en Cesantes. Os rapaces soamente deben anotarse na actividade, que ten unha duración de dúas horas, e non Terán que levar ningún tipo de material, xa que será proporcionado pola organización.
Os obradoiros están destinados a rapaces de entre 6 e 12 anos, e as prazas son limitadas. Realizaranse a partir das 11:00 horas da mañá e será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 400 300, Departamento de Medioambiente, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,00 horas ou no enderezo electrónico: medioambiente@redondela.gal
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
Abranguen desde a loita contra o nematodo da pataca ata IA aplicada á enerxía solar
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL