Os Bolechas tamén van de festivais. As populares personaxes confirmaron a súa presenza no Vigo SeaFest, onde gozarán das actividades programadas e presentarán o libro "Os Bolechas comen peixe".
A cita dos Bolechas cos máis pequenos da casa será o domingo 8 de xullo, última xornada do evento que terá lugar no Náutico de Vigo a partir do venres 5. Ás 12:00 horas, as personaxes infantís sairán do Centro Comercial A Laxe en dirección ao escenario Estrella Galicia, onde ás 12:30 horas terá lugar a presentación da súa nova publicación e a proterior sinatura de libros por parte do seu creador, Pepe Carreiro.
O novo libro dos Bolechas é o primeiro tomo dunha nova colección sobre nutrición co que se trata de fomentar o consumo de peixe e coñecer as vontades deste producto para toda a poboación e especialmente para a infancia.
É do teu interese: Todo o que poden facer os máis pequenos no Vigo SeaFest
Tras o acto da presentación de "Os Bolechas comen peixe", Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá farán un novo percorrido polo Vigo SeaFest para gozar das actividades do evento, que inclúe concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de rúa, showcookings e unha grande área de exposición.
A participación dos Bolechas no Vigo SeaFest é unha das grandes novidades de cara a programación infantil, unha serie de actividades que xa se anunciaronfai unhas semanas. Coa presenza das personaxes infantís, a cativada poderá ver como a familia dos Bolechas ten unha alimentación saudable e con unha importante presenza do peixe.
Os Bolechas volven a Vigo despois de presentar no mes de abril a guía "Os Bolechas van ás Illas Atlánticas". As personaxes creadas por Pepe Carreiro participaron nunha xornada lúdica xunto a nenos e nenas de diferentes centros de ensino de Bueu, Ribeira. Vilagarcía de Arousa e Vigo con actividades relacionadas co deporte e o medio ambiente.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL