Os Bolechas “quedan a vivir” en novembro en Ponteareas

As concellerías de Cultura e Benestar Social de Ponteareas anunciaron a todas as cativas e cativos de Ponteareas que Os Bolechas estarán esta semana na localidad pontevedresa cunha serie de actividades que ofrecerán na carpa da Praza da Música.

Nesta iniciativa feita en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a exposición “Gatiños, Ghatiñas, Gatíos” estarán dende o día 20 ata o 30 de novembro instalada baixo unha carpa nesta céntrica praza situada na parte superior do Auditorio Municipal. Todos aqueles que o desexen poden visitar este espazo para xogar coas actividades que se propoñen.

As concelleiras Hortensia Bautista e Verónica Carrera visitaron o CEIP Fermín Bouza Brey para presentar esta actividades e agasallar ao alumbrado de Primeiro de Primaria co conto “Os Bolechas visitan Ponteareas”, que tamén será repartido entre o alumnado de diferentes cursos.

Na visita aproveitaron para convidalos á inauguración que terá lugar este martes 20 de novembro ás 11:30 horas no Auditorio Municipal, unha cita na que Os Bolechas sorprenderán á cativada coas súas divertidas ideas. O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, será o encargado de abrir esta actividade na que participarán centros educativos de distintos concellos da comarca do Condado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*