Como cada verán, a concellaría de Cultura de Bueu segue coas actividades ao aire libre. Entre as máis populares atópase o “cinema na rúa”, o programa de proxeccións ao aire libre que nos permite desfrutar do cinema dun xeito diferente durante os meses de estío na Praza de Massó.
Este mércores, 11 de xullo, o programa arrancará coa proxección de “Spiderman – Homecoming”, filme de 2017 protagonizado por Tom Holland. Na película, atopámonos cun feliz e emocionado Peter Parker que, despois de ter loitado cos Vengadores, regresará á súa rutina xunto a tía May. Porén, o regreso non será tan sinxelo como prevía. Un novo inimigo, O Voitre, ameazará aos seus seres queridos. A cita arrancará ás 22:30 horas.
As sesións continuarán o 18 de xullo con “Coco”, o éxito de animación de 2017 con dous premios Oscar (mellor filme de animación e mellor canción) que nos adentra na “Terra dos Mortos” e, en consecuencia, na cultura mexicana máis auténtica. A proxección comezará ás 22:30 horas.
Para o mes de agosto, o cine citarase ás 22:00 horas coas películas “Matilda” (1 de agosto), “¡Canta!” (8 de agosto) e “Willow” (15 de agosto).
Outras actividades para a rapazada serán os monicreques de verán que comezarán a vindeira semana.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL