A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas inaugura o Verán Rural no Centro Cultural de Moreira. Dezasete cativos comezaron onte as clases en horario de mañá de nove a dúas da tarde.
Aprender xogando é o obxectivo das actividades do Verán Rural para o que aínda quedan prazas na parroquia de Prado, na de Guláns e na de Xinzo. No caso de Prado o Verán Rural comezará o 16 de xullo e rematará o 31 de xullo; en Guláns o Verán Rural vai do 1 ao 16 de agosto e en Xinzo do 17 ao 31 de agosto.
A Concelleira de Ensino, convida a tódolos cativos e cativas a participar no Verán Rural no que terán a ocasión de coñecer a súa parroquia, visitar os arredores e descubrir recunchos de alto valor natural e patrimonial.
Tódolos interesados en inscribirse nas actividades do Verán Rural deben achegarse ao Rexistro do Concello de Ponteareas para cumprimentar a solicitude de inscrición. Tamén poden porse en contacto co departamento de ensino situado no andar baixo do Concello ou obter máis información enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL