Na procura de axudantes reais, así se atopan neste momento os Reis Magos de Oriente no concello de Ponteareas. As súa maxestades, que percorrerán as rúas do concello o vindeiro 5 de xaneiro andan na busca de paxes reais para participar con eles na comitiva.
Os interesados poden anotarse até o 22 de decembro no rexistro de entrada do Concello. A participación decídese por orde de entrada das solicitudes, polo que os menos preguiceiros serán os que teñan máis posibilidades.
Poden participar nenos de idades comprendidas entre os seis anos e os catorce anos. Posteriormente dende a Concellería de Cultura poranse en contacto cos pais, nais ou titores legais para que asinen a correspondente autorización e proben o traxe.
A Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, anima a todas as cativas e cativos a participar no desfile desta festividade que ten como obxectivo fomentar a imaxinación, a creatividade e espertar o lado artístico de cada pequena e pequeno.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL