A Sala Ártika acolle esta fin de semana, en tres funcións distintas, o concerto do libro cd-dvd de Paco Nogueiras, "Radio Bulebule", unha publicación editada por Kalandraka con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. O espectáculo terá lugar este sábado -18:00 horas- e o domingo -12:00 e 18:00 horas-. O prezo das entradas é
As cancións dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, faladoiro, noticias, información deportiva e ata previsión meteorolóxica. Intercalados entre os doce temas tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios do medio radiofónico, co que o Paco Nogueiras destaca o papel da comunicación como canle de expresión e coñecemento, intercambio de opinións, nexo entre culturas e exemplo de avance tecnolóxico.
Os ritmos modernos, pegadizos e bailables caracterizan estas composicións, seguindo o estilo de “Brinca vai!”. Co que fora o seu primeiro traballo discográfico propio, Paco Nogueiras recibiu o Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría infantil e durante os últimos anos percorreu numerosos escenarios, festivais, escolas e bibliotecas de toda Galicia.
Tanto nas ilustracións de David Pintor para o libro impreso como na posta en escena dos espectáculos, Paco Nogueiras consolida a inconfundible fisonomía do seu personaxe, cos seus lentes, a vestimenta azul e o inseparable chapeu; elementos que tamén están presentes na estética dos videoclips das cancións, artellados ao xeito dunha curtametraxe.
“Radio Bulebule” contou coa colaboración do músico e comunicador Xurxo Souto e da asociación Ponte… nas ondas!, que asinan -respectivamente- o limiar e o colofón da obra. Ademais, participan unha ducia de xornalistas -Ainhoa Apestegui, Emilio Españadero, Xabier Fortes, Pablo Lago, Susana Pedreira, Xosé Manuel Pereiro, María Xosé Rodríguez, Ana Romaní, Henrique Sanfiz, Tino Santiago, María Solar e Fernanda Tabarés- achegando impresións e anécdotas profesionais.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL