O público infantil é o destinatario do segundo espectáculo da programación de Outono que este xoves chega ao Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 20:00 horas coa compañía Ghazafelhos e a obra "Rubicundo". Pepablo Patiño é o autor e director desta obra teatral destinada aos nenos e nenas a partir de 3 anos que el mesmo interpreta xunto a Montse Piñón e Jorge Casas.
Esta obra achéganos unha adaptación do conto "Rubicundo" de María Canosa, que foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil en 2014. Ao longo de 60 minutos coñecemos a Erea, unha nena curiosa e soñadora, que é a única que repara cada noite en Rubicundo, que cada día sae en bicicleta co seu gabán e o seu sombreiro. Trátase dunha historia máxica de amizade, constancia e poesía, chea de sorpresas.
As entradas están á venda na web de "Cultura Tui" até o xoves ás 12:00 horas. Por problemas técnicos só é posible realizar a operación co navegador Firefox. O xoves poderanse adquirir no despacho de billetes dende ás 18:30 horas ao prezo de 4 e 3 euros con desconto.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL