A Sala Ártika acolle a terceira edición do Festival Pequeártiko de Nadal que comezou o martes 26 de decembro e remata o vindeiro venres 29 do mesmo mes.
O programa é sinxelo. As catro representacións que compoñen o cartel serán sempre ás 18:00 horas e as entradas están dispoñibles na plataforma de venta online de Ticketea por un prezo que vai dende 5 euros mentres que en taquilla a localidad ten un custo de 6 euros.
Estrafalaria
Espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.
Os contos da mesa de noite
Os contos dá mesa de noite é un proxecto de narración oral e monicreques. Este fermoso proxecto de microarte comezou cando a narradora e actriz Bea Campos atopou dúas mesas de noite tiradas no lixo. O artista plástico Miguel Sagüillo axudoulle a facer da súa idea unha realidade, pintounas e, con moito agarimo e paciencia, descubriu que nelas estaba escondido un teatro con música, luz e monicreques.
As obras que xa se representaron no festival
O Contador de Contos
Sara está agardando por Toribio para amosarlle o seu último invento: a máquina do contador de contos con efecto retardado. Con este aparato os contos que conten serán escoitados en todo o mundo. Máis un virus producido polo malvado profesor Smith fai que a máquina se estropee. A partir de aquí, os nosos protagonistas terán que atopar a maneira de poder arranxar a máquina.
O mundo de Carliños
Carliños soña con ser escritor e xunto con Luis Vallecillo compartirá con todas e todos as historias que nacen do seu maxín. Personaxes como unha galiña azul ou as laranxas máis laranxas de tódalas laranxas xa bulían pola cabeza de Carlos Casares cando tan só era un rapaz e neste concerto cantarémolas e bailarémolascoma nunca antes se fixera.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL