Salceda mellora as instalacións do parque infantil de Barreiro

Salceda de Caselas é un dos concellos con máis familias mozas. Ese “baby boom” de anos anteriores motiva a creación de espazos como parques infantís. Porén, o goberno que dirixe Loli Castiñeira destinou 13.000 euros para mellor o parque infantil de Barreiro, situado no entorno do centro cultural. O proxecto supón a reparación dos elementos máis deteriorados e a instalación doutros xogos para completar o espazo, así como o adecentamento de todo o entorno, incluíndo a colocación dunha valla que garanta a seguridade das nenas e nenos. A reforma lévase a cabo en coordinación coa directiva do centro cultural, que trasladou ao Executivo local a necesidade das labores de mellora.

Esta obra en Barreiro súmase ás xa realizadas nos parques das parroquias de Soutelo, Parderrubias, Entenza (Torrón), Picoña (Arrotea) e San Xurxo. O Concello de Salceda seguirá coa realización das labores de reparación e melloras precisas nos demais parques das parroquias, para o que se está a realizar xa un traballo de avaliación naqueles parques que precisen algún tipo de intervención.

Tamén nos parques infantís existentes no carco urbano, Parque Aragonta e Parque de Gándara, se levaron a cabo obras de reparación dos columpios existentes, así como o relevo dos que se atopaban en peor estado. Ademais nestas parques habilitáronse sendas que posibilitan a accesibilidade aos columpios inclusivos recentemente instalados polo Concello, completando desta forma o proceso de apertura dos parques para todas as nenas e nenos. No vindeiro mes de outubro será a quenda do parque instalado na Praza do Concello, na entrada do Auditorio Municipal, que tamén verá renovadas e melloradas as súas instalacións.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, asegura que “seguimos a traballar nos espazos adicados aos máis cativos, nunha vila coñecida polo seu alto índice de natalidade, dando resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións. A cooperación entre entidades será unha constante para este Goberno, como garantía de obter os mellores resultados”, sinalou a rexedora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*