Tui será un escenario máxico no que os cativos poderán desfrutar das aventuras de Alicia no país das marabillas. Así, o 24 de outubro, co gallo do Día da Biblioteca, o “Sombrereiro Tolo” visitará a biblioteca tudense na busca da protagonista dos contos de Lewis Carroll.
Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxes do conto “Alicia no país das marabillas” combinando maxia, monicreques e actividades na que os cativos deberán participar activamente.
O contacontos comezará ás 17:00 horas e, dado o aforamento limitado da sala infantil, é preciso inscribirse previamente ata o 18 de outubro presencialmente na Biblioteca, no primeiro andar da Área Panorámica – entrada porta 5 - ; por correo electrónico en [email protected] ou no teléfono 617 49 81 03. A biblioteca tudense abre de luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 21h e os sábados de 9 a 13h.
Se trata de International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento que, por primera vez en su historia, se celebra en España
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL