A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, ofrece unha nova actividade de ocio en familia. Ante a aceptación e bo resultado da realizada o ano pasado, faise unha nova xincana, aínda que con diferente temática, o medio ambiente.
A actividade ten como obxectivo concienciar a grandes e pequenos da importancia do respecto e coidado á natureza. A través dunha serie de probas de temática medioambiental haberá un percorrido polo Monte Serra do Galiñeiro no que o ocio en familia e a defensa da natureza serán os grandes lemas desta iniciativa.
Os participantes de 6 a 16 anos deben ir sempre acompañados dun adulto. A partires dos dezaseis xa non é preciso. Un dos requisitos para participar nesta xincana familiar medioambiental de Gondomar é que os grupos non deben ser máis de cinco persoas.
A data escollida será o sábado día 9 de xuño. As inscricións realizaranse de forma telefónica a partir do 28 de maio ata o 8 de xuño no 986 369 746 ou na Oficinal Municipal de Informe Xuvenil.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL