O Padroado Municipal do Monte Santa Trega e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda veñen de pechar o novo calendario de visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Trega para este mes de xuño, cunha oferta de tres diferentes percorridos.
Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas que partirán cada sábado ás 12:00 h e ás 18:00 h do castro. Dende alí, as e os participantes percorreran primeiro o poboado, para máis tarde subir á cima do monte e visitar a ermida de Santa Trega e o MASAT. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.
Ás 11:00 e ás 17:00 h dos sábados ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas únicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.
Completando a programación, este ano ofertaranse visitas guiadas especiais polo barrio de Mergelina, no que recentemente se comezaron os traballos de restauración e consolidación. Este percorrido terá lugar os xoves con saída ás 17:00 h dende a Casa Forestal. Os e as participantes poderán coñecer os traballos realizados polos arqueólogos e aproximarse ao estilo de vida dos poboadores do castro, grazas aos traballos de excavacións realizados hai dous anos.
As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos. Os grupos formados por máis de 10 persoas deberán reservar a súa visita previamente chamando ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (986 610 504).
El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa
Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño
Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico
Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL