A Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na última quenda da terceira edición do programa gratuíto “Depo Andainas”, organizado pola institución provincial. Esta nova actividade consistirá nunha ruta de dificultade media e cun percorrido de 12,4 quilómetros que partirá do casco urbano de Gondomar para visitar algúns dos atractivos do municipio do Val Miñor.
Esta última cita das “Depo Andainas” ten como punto de saída o centro da localidade desde onde a ruta discorrerá ata o paseo fluvial, no que se virará cara a ponte das Ánimas seguindo o curso do río ata chegar á aldea de Rasas, onde comezará unha subida. Alí poderanse observar numerosos muíños ata chegar a Couso e a súa igrexa. A partir deste punto comezarase a baixada, seguindo os regatos e volvendo ao punto de partida.
Esta ruta ten, como actividade complementaria, un pequeno obradoiro sobre sendeirismo no que se explicarán as sinalizacións máis habituais, o seu significado, o grao de dificultade, como interpretalas e os consellos e precaucións a seguir á hora de facer unha ruta.
O prazo desta “Depo Andaina” permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 10 de outubro a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas.
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL