Os amantes da natureza e da cultura teñen unha oportunidade única para desfrutar do Monte Aloia, una “xoia única”, en palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este sábado, 16 de setembro, un Roteiro Literario a través do Parque Natural.
Con saída ás ás 11.30h dende o aparcamento do Parque Natural do Monte Aloia, preto das antenas, a camiñada discorrerá pola capela de San Xián e o seu espazo adxacente, para baixar na procura da muralla, e visitar dous miradoiros, o do enxeñeiro Areses e o do castelo.
Tamén inclúe a Cruz do Aloia, que ofrece unha impresionante panorámica sobre o Baixo Miño e a fronteira portuguesa e, finalmente, a cama de San Xián, para terminar no mesmo punto que o do comezo.
Este tipo de rutas promovidas pola administración provincial teñen por obxectivo “ofrecer unha dobre visión, literaria e paisaxística, dos lugares nos que se desenvolven, tendo especial importancia no caso do Monte Aloia as lendas e a sabedoría popular”, nas verbas do deputado de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal.
Os roteiros son de balde, pero cómpre realizar unha inscrición previa. Os interesados en participar na proposta deste sábado deben contactar co Concello de Tui no 986 60 36 25. Hai dispoñible un total de 50 prazas, da que 44 estaban xa ocupadas pouco despois de presentar oficialmente o roteiro. Crearase amais unha lista de agarda de cubrirse todas a prazas, por se se produciran baixas.
El Expreso Rías Baixas, que hará parada en Vigo, ofrece la oportunidad de descubrir el norte de España a bordo de un histórico tren
Una piscina fluvial a una hora de Vigo es un espacio ideal para el baño. Tiene zonas verdes, área recreativa y espacio para pasear
La ruta de O Fuciño do Porco, una de las más conocidas de Galicia, reabre este martes tras varios meses cerrada. Es necesaria una reserva
Un chef con Estrella Michelin se lanza con un nuevo hotel en el corazón de las Rías Baixas. Un pazo histórico que no te puedes perder
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL