• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Planes

Catro rutas con guía para coñecer o Baixo Miño este sábado

Catro rutas con guía para coñecer o Baixo Miño este sábado
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/09/2017

Este sábado O Baixo Miño ponse en forma. Os diferentes concellos, administracións e asociacións organizan até catro rutas de sendeirismo, ou andainas, que discurrirán por parte do Camiño de Santiago, polas fortalezas da fronteira en Galicia e Portugal ou polos recunchos do Parque Natural do Monte Aloia.

Másnoticias

Tui abre el plazo para solicitar cinco viviendas de alquiler social: estos son los requisitos

Tui abre el plazo para solicitar cinco viviendas de alquiler social: estos son los requisitos

03/06/2026
El norte de Portugal dará una gran fiesta con djs para dar la bienvenida al verano por todo lo alto

El norte de Portugal dará una gran fiesta con djs para dar la bienvenida al verano por todo lo alto

01/06/2026

1 – Descubrindo o “Camiño do norte a Santiago” en Tomiño

Tomiño Único remata o sábado a edición deste ano cun roteiro guiado que amosará o inicio do Camiño norte de Santiago en territorio galego. O itinerario seguirá un treito circular ao longo de 5 quilómetros e percorrerá diferentes puntos do municipio polos que discorre o Camiño norte de Santiago. As persoas participantes poderán admirar e coñecer aspectos culturais, sociais ou de tipo arquitectónico da man do especialista Antonio Soliño Troncoso e, por suposto, gozando da paisaxe e o medio natural da beira do río Miño.

A actividade comezará ás 18:00 horas da tarde dende a Igrexa de Goián.

Para máis información pódese enviar un e-mail ao enderezo electrónico [email protected], ou o teléfono 986 622 001.

2 – Percorrendo a senda do Camiño entre Portugal e Galicia

Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui. Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.

O percorrido permitirá aos participantes camiñar por lugares que habitualmente non se pasa. O primeiro grupo sairá ás 6.45h dende o aparcamento de autobuses a carón da praza de Abastos de Tui para comezar a camiñar ás 7.30h en Caminha e afrontar os 34 quilómetros de percorrido ata Tui, onde está previsto que cheguen sobre ás 13.30h. O segundo grupo partirá 8.30h no tren dende Valença ata Vila Nova de Cerveira onde ás 9h serán recibidos na Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e iniciarán os 17 quilómetros do Camiño Portugués ata Valença.

A inscrición, gratuíta, está aberta ata mañá xoves ás 23.59h no 650 009 233, no correo electrónico [email protected] ou cumplimentando o impreso dispoñible no Facebook de Iacobus. Ata esta mañá contaba xa con 86 persoas anotadas.

3 – Seguindo a Guerra da Independencia de Portugal a través das fortalezas

Organizada por A Guarda e Caminha no marco das iniciativas conxuntas para a candidatura do estuario do río Miño a Paisaxe Cultural da UNESCO, o roteiro “Fortalezas do Miño” ofrece unha ruta interpretativa polos fortes de San Lourenzo de Goián (Tomiño), San Francisco de Lovelhe, Caminha e o Castelo de Santa Cruz, todas elas construídas durante a Guerra de Restauración portuguesa, no século XVII.

O percorrido será de 22 quilómetros e dificultade baixa. Un autobús sairá do Castelo de Santa Cruz (rúa da República Dominicana) ás 8:30 horas para levar aos participantes ata Goián. Na parroquia tomiñesa comezará o percorrido que chegará ata A Guarda, pasando por Vila Nova de Cerveira e Caminha, localidades onde será posible apreciar e visitar as fortalezas existes cunha breve explicación da importancia de cada unha delas.

Unha vez en Caminha, e tras a parada para o almorzo, os participantes tomarán o barco das 15:00 horas ata A Guarda, onde visitarán o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. A hora aproximada de remate é ás 16:00 horas.

O custe de participación é de 5 euros por persoa, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico [email protected].

4 – Libros e lendas no Parque Natural do Monte Aloia

Os amantes da natureza e da cultura teñen unha oportunidade única para desfrutar do Monte Aloia. A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este sábado, 16 de setembro, un Roteiro Literario a través do Parque Natural.

Con saída ás ás 11.30h dende o aparcamento do Parque Natural do Monte Aloia, preto das antenas, a camiñada discorrerá pola capela de San Xián e o seu espazo adxacente, para baixar na procura da muralla, e visitar dous miradoiros, o do enxeñeiro Areses e o do castelo.

Tamén inclúe a Cruz do Aloia, que ofrece unha impresionante panorámica sobre o Baixo Miño e a fronteira portuguesa e, finalmente, a cama de San Xián, para terminar no mesmo punto que o do comezo.

O roteiro é de balde, pero cómpre realizar unha inscrición previa. Os interesados en participar na proposta deste sábado deben contactar co Concello de Tui no 986 60 36 25. Hai dispoñible un total de 50 prazas, da que 44 estaban xa ocupadas pouco despois de presentar oficialmente o roteiro. Crearase amais unha lista de agarda de cubrirse todas a prazas, por se se produciran baixas.

Temas: A GuardaAndainasCaminhaO Baixo MiñoTomiñoTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El parque acuático flotante "más grande de España", a 45 minutos de Vigo, abre este sábado
Planes

Ya hay fecha para la apertura del parque acuático flotante "más grande de España", a 45 minutos de Vigo

El parque acuático flotante "más grande de España", de más de 2.000 metros cuadrados, empezará a funcionar este mes en una conocida playa

PorIván Dacal
02/06/2026
Lanzan ocho rutas guiadas gratis y sin inscripción para descubrir lo secretos de O Baixo Miño
Planes

Lanzan ocho rutas guiadas gratis y sin inscripción para descubrir lo secretos de O Baixo Miño

Se trata de ocho sendas naturales guiadas y gratuitas para descubrir el patrimonio paisajístico, ambiental y cultural de Tomiño

PorÁngel Vila
31/05/2026
La mejor playa fluvial de Pontevedra abre la temporada de baño con nuevas mejoras
Escapadas

La mejor playa fluvial de Pontevedra abre la temporada de baño con nuevas mejoras

Ya está abierta la mejor playa fluvial de la provincia de Pontevedra. Tras varias mejoras, estrena la temporada de baño en un entorno idílico

PorAlfredo Teja
28/05/2026
Una cascada a 45 minutos de Vigo aspira a convertirse en una de las nuevas "maravillas de Portugal"
Escapadas

Una cascada a 45 minutos de Vigo aspira a convertirse en una de las nuevas "maravillas de Portugal"

Una cascada de Monçao, a 45 minutos de Vigo, opta a ser una nueva "maravilla de Portugal". Así es la mágica Cascata do Fojo

PorIván Dacal
24/05/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X