Os montes de Cesantes e O Viso acollerán o vindeiro 1 de xuño o I Rastrexo de Cesantes, que busca recadar fondos para a celebración do X Festival Folk Illa de san Simón.
A cita, que arrancará ás 21:30 horas, consistirá nun percorrido polo monte con diversas probas de habilidade e enxeño que os equipos participantes deberán superar para acadar o maior número de puntos posibles.
Os equipos teñen que estar formados por entre 6 e 12 membros e a cuota de participación por persoa é de 5€. Pódese participar a partir dos 12 anos, aínda que os menores deberán ir sempre acompañados dalgún adulto e terán que presentar unha autorización firmada pola nai, pai ou titor legal. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico co nome do equipo e o número de participantes ao enderezo airinhosdesansimon@outlook.es, ao que a Organización responderá coas instruccións para realizar o pago.
O I Rastrexo de Cesantes consistirá nunha ruta circular de aproximadamente 11 quilómetros e dificultade media, con saída e chegada na sede do CCD Cesantes (Estrada Alto dos Tras, número 5). Dende a organización animan a participar nesta cita coa finalidade de pasar un bo rato cos amigos e en contacto coa natureza. Aseguran que todas as persoas que poidan camiñar 11 quilómetros e teñan ganas de divertirse son máis que aptas para formar parte dun dos equipos. Precisamente para manter a igualdade de posibilidades entre todos os participantes a puntuación final será a suma dos puntos acadados en cada proba e o tempo empregado para completar o percorrido só se terá en conta en caso de empate entre dous equipos.
Ao final da ruta todos os participantes recibirán no CCD Cesantes un bocadillo e unha botella de auga. As instalacións non contan con vestiarios e duchas, pero si con baños a disposición dos equipos.
Os responsables destacan que unha das características principais da actividade é o contacto respetuoso coa natureza, e por este motivo penalizarán a aqueles equipos que non mateñan unha conducta adecuada neste sentido.
O evento é, xunto coas actividades da noite de San Xoán, unha das iniciativas do grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón a favor do Festival Folk Illa de San Simón. O FFISS celebrará o 20 de xullo o seu décimo aniversario recuperando o seu escenario orixinal na praia de Cesantes.
Nunca fue tan sencillo bañarse en el mar como con estas piscinas climatizadas gratuitas que se encuentran disponibles en Portugal
Tomiño cuenta con una playa fluvial, la de Goián, que se ha convertido en un lugar ideal para disfrutar de un baño este verano
Galicia cuenta con un nuevo y sorprendente camping en uno de sus paraísos naturales. Esto es todo lo que ofrece esta instalación
Vilaboa ha acondicionado el "Miradoiro do Cabalo" para convertirse en un "balcón" con una completa panorámica de la ría de Vigo
Miles de estudantes iniciaron este luns os seus estudos nos tres campus - En maio a institución elixirá novo reitor ou reitora en substitución de Reigosa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL