A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este venres as xornadas de portas abertas gratuítas para descubrir o "novo" Castelo de Soutomaior, que abrirá as súas portas os días 13, 20, 21, 22, 24 e 25 de maio. Segundo explicou Silva, "queremos que toda a cidadanía teña a oportunidade de descubrir, de primeira man, a historia do castelo e dos seus personaxes a través da musealización realizada no recinto histórico".
É do teu interese: Así é o "novo" Castelo de Soutomaior
Deste xeito, as xornadas de portas abertas comezarán o día 13 de maio, entre as 16:00 e 19:00 horas a través de visita libre ao recinto. O día 20 de maio, tamén mediante visita libre, amplíase o horario para que as persoas poidan coñecer o proxecto de musealización entre as 10:00 e as 19:00 horas.
Os días 21, 22, 24 e 25 de maio, tamén de 10:00 a 19:00 horas, haberá a posibilidade de realizar o percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11:00 e 17:00 horas, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico do [email protected], xa que as prazas están limitadas a un máximo de 22 persoas por grupo.
A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter a noticia da musealización do Castelo de Soutomaior. Neste eido, informou que desde o anuncio da reapertura do Ben de Interese Cultural "temos xa reservas de oito colexios da provincia, de seis axencias de viaxes e de grupos que en total suman máis de 1.000 personas que xa se van a achegar na segunda quincena do mes de maio a coñecer o castelo".
É do teu interese: Coñece a nova ruta "Madrugas, Pedro?
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL