Un ano máis, e van xa dezaseis, o club deportivo Andatui celebrará a súa andaina solidaria que combina a acción deportiva, o turismo e a axuda aos que máis o precisan. A cita, que terá lugar o sábado, 18 de maio, manterá as inscricións abertas até o 13 de maio.
A andaina tudense solidaria percorrerá de xeito circular a contorna do casco urbano, saíndo das beiras do Miño para chegar até o Parque Natural do Monte Aloia e as súas incribles vistas sobre o Baixo Miño grazas aos sendeiros de Areas e Randufe. Tras unha parada para o xantar, os participantes baixarán cara Rebordáns para enlazar co camiño Portugués, pasando polo mosteiro das Clarisas, a Catedral e o parque do Penedo.
A andaina ten un percorrido total de 25 quilómetros con avituallamentos cada 5 quilómetros. Finaliza ás 18:00 horas no Centro Interfederado de Tui, ao carón do Miño, onde se celebrará a tradicional chourizada, xogos populares e sorteo de agasallos.
O custe de inscrición é de 10€ até o 1 de maio e de 12€ até o peche de inscricións, o 13 de maio. Amais, a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal os participantes deberán entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros.
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL