As dúas piscinas ao aire libre de Mos situadas na urbanización de San Eleuterio atópanse xa abertas e en funcionamento. As instalacións, que constan de dúas piscinas: unha grande e unha pequena -para os nenos de máis curta idade-, e de baños, contarán en todo momento cos servizos dun socorrista. A piscina está situada na zona oeste da urbanización de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga, xunto ó parque infantil e a pista deportiva.
Durante o mes de de xuño a apertura será soamente en horario de tarde, entre as 15.00 e as 21.00 horas, namentres que nos meses de xullo e agosto será de 11.30 a 21.30 horas ininterrumpidamente, durante todos os días.
Na piscina ao aire libre de San Eleuterio, dentro do programa municipal Mos no Verán, impartiranse clases de Aquagym ou ximnasia na auga durante os meses de xullo e agosto dirixidas á poboación en xeral. As sesións celebraranse en dous grupos, un os martes e xoves, en horario de 10:45 horas a 11:30 horas (momento da apertura para o público xeral), e outro os mércores e venres no mesmo horario. As prazas son limitadas e a inscrición previa pode realizarse na Piscina Municipal sita no Pavillón Óscar Pereiro (tlf. 986 33 40 70) ou na propia Piscina de San Eleuterio.
Una piscina fluvial a una hora de Vigo es un espacio ideal para el baño. Tiene zonas verdes, área recreativa y espacio para pasear
La ruta de O Fuciño do Porco, una de las más conocidas de Galicia, reabre este martes tras varios meses cerrada. Es necesaria una reserva
Un chef con Estrella Michelin se lanza con un nuevo hotel en el corazón de las Rías Baixas. Un pazo histórico que no te puedes perder
La playa fluvial "Pozo do boi" se encuentra en el interior de la provincia de Pontevedra. En plena naturaleza, es ideal para un chapuzón
Buscan este obxectivo con aceiros de memoria de forma - Carmen Pérez e Antonio Collazo, do grupo Encomat, lideran o proxecto nacional SmartCoDur
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL