O Concello do Rosal segue a prepararse para a “nova normalidade”. Co obxectivo de garantir a seguridade e saúde das veciñas e veciños, o municipio baixomiñoto establece unha serie de medidas de prevención nas zonas de baño e de lecer. Deste xeito, tanto na praia de Eiras como nos distintos espazos que se atopan situados ao longo do río, estará permitido o baño lúdico e deportivo, aínda que neste último caso só de xeito individual.
Tanto na area como nas diferentes zonas de esparexemento as persoas deberán manter a distancia mínima de seguridade de dous metros e, en caso de empregar parasois, estes deberán colocarse a un mínimo de catro metros un doutro. Ademais, recoméndase a todas as persoas que non anden descalzas ou descalzos nos accesos á praia ou ás zonas de lecer.
En canto ao número de persoas que se poden reunir, prégase seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e non exceder o máximo permitido en cada momento a nivel estatal. Para dar a coñecer todas estas medidas instaláronse carteis informativos tanto na praia de Eiras como noutros espazos de baño e esparexemento empregados habitualmente pola veciñanza.
Dende o Concello apélase á conciencia e responsabilidade individual de cada veciño e veciña para poder desfrutar destes espazos de lecer con total seguridade e garantías para a saúde de todos os rosaleiros e rosaleiras.
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL