A andaina solidaria organizada pola ONG viguesa polo sendeiro do río Louro, en Mos, prevista para este domingo, 3 de xuño, vén de ser aprazada por mor das malas previsións meteorolóxicas. Ante a chuvia prevista, a organización decidiu modificar a data para o 10 de xuño, co mesmo horario de inicio. A actividade, que permite recadar fondos para os comedores escolares desta agrupación sen ánimo de lucro, arrancará ás 11:00 horas na contorna do Pazo de Mos.
Trátase dunha andaina de dificultade sinxela adaptada para todos os públicos e especialmente enfocada para familias con nenos. A inscrición ten un custe de 5 euros por persoa (gratis para os menores de 5 anos) e inclúe dentro do prezo auga e froita para o camiño, e un pequeño agasallo.
Os interesados en participar poden inscribirse en info@aulasabiertas.org ou chamar ao teléfono 667982306.
O martes 23 será o día máis internacional da Miteu coa participación da compañía colombiana Sin mente teatro
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL