Este sábado, 7 de outubro, celebrarase a derradeira das seis andainas que conforman o calendario organizado polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha para este ano. Nesta ocasión, os participantes poderán gozar dun percorrido polo municipio portugués de Ponte de Lima a través da coñecida ruta das Lagoas de Bertiandos e São Pedro de Arcos.
O autocar sairá da explanada da Sangriña ás 8:00 horas en dirección Caminha, onde os participantes guardeses se xuntarán cos portugueses e, xa reunidos, continuarán a viaxe cara Ponte de Lima.
A andaina comezará na Serra d´Arga (Cerquido) e terminará en Ponte de Lima, cun percorrido total de 20 km e baixa dificultade. Durante a camiñada, os asistentes baixarán pola ladeira da Serra d´Arga dende Cerquido ata Bertiandos, atravesando áreas incluídas na Rede Natura.
Así, visitarán o río Lima, lugar de importancia comunitaria e principal punto de interese de paisaxe e os valores naturais asociados aos recursos hídricos, ás áreas e actividades agrícolas e a varios elementos do patrimonio histórico-cultural do que son exemplos os muíños e pontes.
Percorrendo a Área de Paisaxe Protexida das Lagoas de Bertiandos e San Pedro de Arcos, atravesarán o Río Estorãos a través da ecovía das Lagoas ata Ponte de Lima.
Faremos unha parada xunto ao Solar de Bertiandos despois do paseo na zona das lagoas. Ao remate, xa en Ponte de Lima, haberá tempo para visitar a vila. O regreso dos participantes á Guarda está previsto a partir das 19:00 horas.
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL