A Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda de Caselas, que coordina Miguel González, vén de dar por rematados os traballos de recuperación da Senda do Caselas entre a Ponte de Rubal, na Picoña e As Pontes, en Santa María, traballos que sufriron un lixeiro atraso debido ás intensas choivas destes días pasados.
Asemade, a concellería de Vías e obras co apoio da Confederación Hidorgráfica Miño-Sil, a través de Tragsa, procederon á limpeza das marxes do río Caselas, intensificando os traballos no treito dende a Ponte do Río (Carballal) ata o Maior (A Picoña), onde os efectos dos temporais posteriores aos incendios de outubro, provocaron arrastres de toneladas de terra e xabre dos montes, ao carecer estes de vexetación que sustentase o terreo.
O alcalde, Marcos Besada, salientaba a importancia dos traballos realizados que permitirán "que veciños e veciñas gocen dun dos espazos naturais de referencia do municipio".
A Senda do Caselas, é froito dos traballos de recuperación que se desenvolveron na contorna do río Caselas. Cunha lonxitude de 2 quilómetros, a senda nace no lugar das Pontes, na parroquia de Santa María para, no seu percorrido, pasar pola parroquia de San Xurxo e rematar no lugar de Rubal, xa na parroquia da Picoña.
Ao longo do seu percorrido a senda atravesa o Parque Etnográfico dos Muíños do río Caselas, onde o Concello rehabilitou os muíños das Covas, da Laxe, Figueiras e o muíño de Marcial ou Fondóns.
A senda polo tanto, e como sinala Marcos Besada, “permite, non só gozar do extraordinario potencial natural con que conta Salceda, senón que posibilita a posta en valor do noso patrimonio etnográfico”.
Dende o Concello agradecen á veciñanza a súa paciencia e comprensión durante o tempo no que se levaron a cabo as tarefas de recuperación, así como o apoio amosado co acontecido.
Xunqueira de Espadanedo suma un nuevo mirador con una escultura que ofrece toda una ventana con vistas a la provincia de Ourense
Una de las cascadas más escondidas de Galicia cuenta con un renovado acceso. Así es el este idílico rincón que acaba de ser rehabilitado
La playa fluvial de Adaúfe es una de las tres que hay en Braga con bandera azul. Cuenta con un sorprendente parque acuático flotante
Una idílica terraza en plena Ribeira Sacra ofrece la oportunidad de comer en ella o cenar. Todo a orillas del río y rodeado de naturaleza
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL