A feira dos Remedios alíase co enxeño do debuxante Luis Davila “O Bichero” e disporá dun divertido “photocall” no que os e as participantes e visitantes poderán fotografiarse. As festas de setembro despegan mañá venres da man dos tradicionais xigantes e cabezudos que sairán dende o concello ás 12:30 horas para viaxar polas rúas do centro urbano. Ás 22 horas na Praza Maior terá lugar o espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
O prato forte desta primeira quincena de festas chega o sábado día 8 coa XII Feira Tradicional dos Remedios que abrirá as súas portas ás 10 horas na praza Bugallal, rúa Vidales Tomé e rúa Morales Hidalgo, exposición de gando, concurso de traxes de época con premios para os gañadores e gañadoras e animación de rúa. O concerto da Banda de Música Unión de Guláns e a actuación da orquestra La Dimensión na praza Maior ás 22:00 horas e ás 01:00 horas completarán o programa para este sábado día 8 no que a famosa cantante galega Ses ofrecerá un concerto na praza do Concello ás 23:00 horas.
O domingo día 9 a partir das 19:00 horas a segunda volta do XXXI Festival folclórico encherá de ritmo o centro urbano coa ruada das agrupacións folcloricas de Xinzo, S. Salvador de Padróns e Sadeo que actuarán no parque da Feira Vella ás 2:00 horas. Na praza Bugallal ás 21:00 e 00:00 horas actuará a orquestra Mar Azul e a orquestra Ceniza na praza Maior ás 22:30 e 01:30 horas.
O luns día 10 será festivo local e todo o mundo, maiores e pequenos, desfrutarán do tobogán acuático de maís de 60 m. instalado na rúa Constitución de 12 a 14:30 horas e de 17:30 a 21 horas. Este tobogán xigante retará a todos os que desexen atreverse co chapuzón, aberto a todas as idades. Tamén haberá animación de rúa a cargo do grupo Os Viqueiras e ás 22 horas música da orquestra espectáculo La Fórmula na praza Maior.
A presentación do premio Fermín Bouza Brey chega o xoves día 13 ás 20:00 horas no salón de plenos da casa do concello e o venres 14 a praza Maior será da mocidade que participará en obradoiros de DJ e Breakdance. Ás 19 horas inaugurarase no auditorio municipal a exposición de pintura de Aurora Quinteiro e Charo Quinteiro que estará aberta o mércores, xoves e venres de 18 a 20 horas e os sábados de 11 a 13 horas.
O concerto “Música Rebelde” contará cos grupos Son da Rúa, Ezetaerre e The Skarnivals no parque da Feira Vella ás 22 horas do sábado dia 15. O domingo día 16 a Banda de Música Reveriano Soutullo ofrecerá un concerto nos xardíns do concello ás 12:30 horas logo de percorrer as rúas do centro da vila.
Como novidade este ano por vez primeira, a veciñanza participa no obradoiro de confección do traxe galego totalmente de balde todos os xoves de setembro (6,13, 20 e 27).
A programación cultural e festiva prolongarase na segunda quincena de setembro no marco das festas de San Miguel que tamén traerán a Ponteareas moita música, o máis prestixioso concurso de gaitas do país e actividades para todos os públicos.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, destaca a importancia de ofrecer actividades de festivas, de lecer e culturais nas que o máis importante sexa a participación da cidadanía que, con motivo das festas, pode gozar de momentos propicios para a relación social.
Tomiño se prepara para una nueva edición del Minho Reggae Splash 2025. Estas son las fechas y los artistas confirmados por el festival
Coque Malla, Loquillo, Xoel López, Álvaro de Luna, Nil Moliner y Andrés Suárez son algunos de los cabezas de cartel del festival en Pontevedra
Covelo organiza un concurso gastronómico por las fiestas patronales. Busca la mejor tortilla, el mejor postre y las mejores croquetas
Vuelve una de las Festas da Empanada más top de Galicia, a menos de una hora de Vigo. Y este año lo hace como Fiesta de Interés Turístico Nacional
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL