A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, inauguraron onte sábado a exposición Camelia e traxe galego, unha parella perfecta, coa que a Xunta impulsa o potencial turístico deste recurso que, como explicaron, conta en Vigo cun escenario privilexiado.
O acto tivo lugar no Tinglado do Porto e contouse coa participación da Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra. Púxose en valor a importancia desta mostra que se presenta cunha elegante e innovadora posta en escena que mestura un estilo industrial, luces de neón e mesmo unha simulación dun tren de lavandería do que se pode desfrutar en movemento de máis de 20 pezas singulares de traxe galego.
Destaca a combinación das diversas variedades de camelia con pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros e cofias, entre outros. Ademais, como novidade, os visitantes tamén poden ver varios traxes orixinais do Ballet Rey de Viana.
Camelia e traxe galego, unha parella perfecta conta coa participación de 30 expositores de cultivadores de camelia e tamén se inclúe unha pequena mostra de té e vermú de camelia.
A exposición, que cumpre a súa quinta edición tras o seu paso o ano pasado pola cidade de Santiago de Compostela, está situada este domingo no Tinglado do Porto e pode visitarse hoxe sábado en horario de 11:00 a 19:00 horas. A entrada é gratuíta.
Exposicións como esta que axudan a poñer en valor un dos recursos turísticos máis orixinais cos que conta Galicia e que é especialmente atractivo en época de tempada baixa, coincidindo coa súa máxima floración. A aposta do Goberno galego por poñer en valor este recurso turístico único visibilízase por exemplo a través de iniciativas como a Ruta da Camelia, que percorre Galicia a través de 12 pazos e xardíns e onde Vigo ten destacada presenza con parada o Parque do Castro e o Pazo Museo Quiñones de León.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL