• Casco Vello Vigo
  • Voando nas Rías Baixas
  • Navidad Portugal
  • Crimen de Coia
  • Fiesta Churrasco Tui
  • Accidente en Lugo
  • Proyecto Vigo
  • Vegana.gal
  • San Simón estreno
  • Ruta Halloween
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

A Deputación de Pontevedra lanza a edición “máis necesaria” de “Mulleres que opinan”

A Deputación de Pontevedra lanza a edición “máis necesaria” de “Mulleres que opinan”
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/06/2020

“Agora era o momento de non renunciar a facer este encontro, é necesario e urxente que o fagamos”. Con esta declaración de intencións, da xornalista pontevedresa Susana Pedreira, presentouse na Deputación de Pontevedra a edición on line e “exprés” de “Mulleres que Opinan”, adaptada ao formato telemático polas circunstancias da crise sanitaria. O evento, un ano máis, contará co apoio e colaboración da institución provincial e do concello de Pontevedra. A Presidenta Carmela Silva e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, xunto á deputada e a concelleira de igualdade, Victoria Alonso e Paloma Castro, arrouparon ás dúas organizadoras do evento, as xornalistas Susana Pedreira e Diana López Molares, que presentaron “un espléndido cartel” que, aínda que de forma virtual, traerá a Pontevedra os días 26 e 27 de xuño a oito columnistas referentes do panorama galego e do estado para facer fincapé na situación “vergonzosa” das mulleres que, pese a ser máis do 63% das persoas graduadas en Xornalismo ocupan posicións residuais nas seccións de opinión e dirección dos medios de comunicación.

“Isto non é ningunha broma, o que acontece co xornalismo é grave e nos ten que preocupar como sociedade” reivindicou Carmela Silva, que cualificou o encontro como “unha extraordinaria idea, un gran acerto, que permite escoitar voces femininas de xornalistas comprometidas coa igualdade”, e poñer sobre a mesa os datos “vergonzosos” relativos ao papel das mulleres nos medios de comunicación. “Asinan menos do 21% das pezas de opinión ou só dirixen o 25% dos medios de comunicación. Hai que dar un paso adiante e denunciar, avaliar e traballar para cambiar estes resultados e esixir que as mulleres opinen, porque cando opinan cambian o mundo. Por iso son perigosas”. A Covid-19 formará parte do contexto do encontro e a presidenta da Deputación recordou que “os coidados convertéronse no centro de todo e foron as mulleres as que maioritariamente desde a sanidade, a dependencia ou a alimentación, estiveron na primeira liña. Iso si, dixo Silva, cando hai que falar do que aconteceu ou do que vai pasar soamente aparecen os homes. É fundamental que as mulleres falen, opinen, que amosemos rostros de mulleres”.

Másnoticias

Abre el plazo para las nuevas asombrosas excursiones gratis de "Voando nas Rías Baixas"

Abre el plazo para las nuevas asombrosas excursiones gratis de "Voando nas Rías Baixas"

25/10/2025

Las Rías Baixas estarán presentes en Londres en una de las mayores ferias de turismo

24/10/2025

Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, centrouse tamén na necesidade da igualdade “para construír unha sociedade máis libre, plural e forte” e de facelo en Pontevedra e con xornalistas pontevedresas: “sempre nos gusta ser referencia”. Lores fixo fincapé na “reacción hostil ante os avances do feminismo o que significa que algo estamos a facer ben”, destacando o enfoque mediático que establece a unión entre o 8-M e a expansión da Covid-19 “cando esa mesma semana houbo outras aglomeracións como acontecementos deportivos, políticos, concertos e mesmo touradas”.

Esta edición do programa “As mulleres que opinan son perigosas”, tal e como explicaron Susana Pedreira e Diana López, contará con “mulleres xornalistas moi activas durante esta crise sanitaria, moi potentes, e de diferentes xeracións, que representan aos mass media pero tamén a medios máis pequenos, cunha axenda propia que apostaron nestes meses de confinamento por temas máis profundos, escapando da inmediatez, e con perspectiva de xénero”. A precariedade do xornalismo actuará como “telón de fondo”, xunto á propia Covid-19 e á reivindicación do xornalismo local.

O encontro, para o que xa se pode formalizar inscrición (ata o 23 de xuño) a través das webs da Deputación e do concello de Pontevedra, terá lugar a través de Zoom o 26 de xuño pola tarde e o 27 pola mañá, e contará coa participación de Claudia Morán e Tamara Montero en representación de “Xornalistas galegas”; Clara Jiménez, cofundadora de maldita.es; Magda Bandera, directora de La Marea; Noemí López Trujillo, xornalista en newtral.es; e Ángeles Caballero, xornalista de opinión en El Confidencial. Tamén participarán desde a perspectiva local Sara Vila e Selina Otero, xornalistas no Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.

Temas: Deputación de PontevedraPontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Escape room, maratón de cine y taller de calabazas, así será el Samaín de Soutomaior
Qué hacer

Escape room, maratón de cine y taller de calabazas, así será el Samaín de Soutomaior

El Samaín de Soutomaior ofrecerá distintas actividades para todos los públicos del 26 de octubre al 2 de noviembre

PorSara Rodríguez
25/10/2025
El miedo llega a Gondomar por Samaín con túnel de terror, fiesta nocturna y cuentacuentos
Qué hacer

El miedo llega a Gondomar por Samaín con túnel de terror, fiesta nocturna y cuentacuentos

Gondomar disfrutará un año más del Samaín con una programación especial. Habrá cuentacuentos, Túnel del Terror y fiesta nocturna

PorIván Dacal
25/10/2025
Abre el plazo para las nuevas asombrosas excursiones gratis de "Voando nas Rías Baixas"
Qué hacer

Abre el plazo para las nuevas asombrosas excursiones gratis de "Voando nas Rías Baixas"

La Deputación abre este lunes las inscripciones para disfrutar de esta ruta gratuita por el Esteiro del Lérez e Intermareal Combarro-Lourido

PorPaula Carballo
25/10/2025
Ponteareas acoge una gran churrascada con sesión Dj en Padróns
Fiestas

Tui disfrutará de una gran fiesta gastronómica para los amantes del churrasco

Rebordáns, en Tui, acogerá una gran cita gastronómica a finales del mes de octubre. Se trata de la Festa do Churrasco

PorIván Dacal
25/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X