• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A Deputación lanza un programa para poñer en valor as ideas vixentes antes do golpe do 36

A Deputación lanza un programa para poñer en valor as ideas vixentes antes do golpe do 36
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
12/11/2020

A Deputación de Pontevedra presentou o programa plurianual ‘O Pasado Por Vir’ que desenvolverá o departamento de Memoria Histórica ao longo de todo o mandato co obxectivo de reivindicar as ideas transformadoras que estaban vixentes antes do golpe de estado do 1936. Para iso, desenvolverase dende este mes, tradicionalmente vencellado á Memoria, e de forma continua, un amplo abano de actividades tanto de investigación como de divulgación: xornadas, audiovisuais, performances, exposicións, publicacións e unidades didácticas.

Segundo a deputada María Ortega, o programa pretende recoñecer a herdanza dunha xeración “única e irrepetíbel” a nivel empresarial, político, cultural e social, e transmitir a idea de que coa guerra e a ditadura, “aínda que arrasaran cos proxectos e mesmo aniquilasen as persoas, as súas ideas e o seu legado segue vivo e debemos coidar e celebrar a herdanza que nos deixaron. Somos o porvir daquel tempo, o froito da semente que deixaron e temos que traballar para cumprir o proxectado”, subliñou.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Unha ponte colgante sobre o Miño en As Neves e Monçao para unir fronteiras

Impulsan crear un nuevo puente internacional en el área de Vigo para conectar Galicia y Portugal

21/07/2026

Neste sentido, subliñou que se desenvolverán actividades de investigación e divulgación sempre con perspectiva de país, clase e xénero. Entre outras, abordaranse as ambiciosas transformacións políticas, socioeconómicas e culturais que se produciron en Galiza, entre 1900 e 1936, con especial referencia á provincia de Pontevedra; a contribución da Deputación de Pontevedra a estas transformacións (coa inauguración do Museo e a súa implicación no traslado á cidade da Misión Biolóxica e a creación da Caixa de Aforros); así como os principais fitos históricos como a fundación no 36 do Laboratorio Miguel Servet, antecedente de Zeltia, con Bóveda de promotor, a fundación do Partido Galeguista en Pontevedra 1931, ou a campaña do Estatuto, con artistas implicados Castelao, Maside e Díaz Baliño, entre outros fitos.

Outro eixo do programa será o protagonismo das mulleres, tanto pioneiras como de perfil obreiro, no novo tempo e os avances en materia de dereitos e liberdades que se estaban a acadar e que o franquismo destruíu, poñendo como exemplo divulgar a valguesa Carme Sierra, primeira das poucas socias que tivo o Seminario de Estudos Galegos, ou Olimpia Valencia, a primeira galega médica

Tamén salientou o cambio que esas mudanzas transformadoras provocaron no ámbito local e comarcal, estudando e poñendo en valor as iniciativas de cada zona: Falar no Morrazo do ateneo cultural de Beluso ou da Fraternidade Mariñeira de Moaña,; en Vigo, da Unión de Mulleres Antifascistas ou do agromar xornalístico; no Baixo Miño dos Mártires de Sobredo e o agrarismo, no Valmiñor do proxecto pedagóxico que supuxo a escola Aurora del Porvenir.

Ortega subliñou que o concepto de ‘O pasado por vir’ pretende investigar as vidas de persoeiros irrepetibles e divulgalas, sobre todo de cara á poboación máis nova, e establecer o vínculo entre aquel tempo de esperanza -sobre todo a primavera republicana- e o presente. Salientou que se trata dun programa inconformista co discurso preestablecido e que fomenta a loita contra calquera tipo de convivencia co fascismo e a loita contra a impunidade que hoxe en día segue ferindo á memoria das vítimas e os sentimentos das súas familias. Así mesmo, destacou que é preciso “falar das consecuencias na democracia que tiveron os pactos asinados baixo a herdanza do ditador”.

Ortega insistiu nas negativas repercusións que tivo para o conxunto da sociedade a brutal represión iniciada tras o golpe de Estado do 36, e a perda de oportunidades que supuxo para as xeracións seguintes, incluída a actual, xa que de non terse esnaquizado as iniciativas empresariais, as políticas transformadoras e os emerxentes movementos sociais e culturais, a situación hoxendía sería ben distintas.

Actividades

O departamento de Memoria Histórica ten en marcha unha ampla programación de iniciativas a curto, medio e longo prazo. A deputada destacou que nestes momentos estanse a recompilar artigos de investigadores e investigadoras como Marcelino Abuín, Dionisio Pereira, Carlos Francisco Velasco Souto, Raúl Soutelo Vázquez, Margarita Romero Lorenzo, Valentín Bóveda, Ricardo Gurriarán, Mª Carmen Vidal Lage, Manuel Igrexas Rodríguez, ou Mª Victoria Martins Rodríguez, que analizan dende diferentes perspectivas as iniciativas que se estaban a poñer en marcha no primeiro terzo do século XX desde o eido económico, probabelmente o máis descoñecido, a política, os movementos sociais, a cultura, e o ensino.

A idea é recompilar ano a ano os estudos que xa existen no ámbito provincial e partir deles para ir avanzando na recuperación da memoria daquel tempo. Todo este traballo será recollido e divulgado de diferentes maneiras e con diferentes formatos, xa que se subirán á nova web do Departamento de Memoria, agora en construción, e editaranse nunha publicación nos próximos meses. Tamén se porán a disposición dos concellos e asociacións charlas e encontros coas persoas investigadoras.

Por outra banda, seguiranse a celebrar anualmente as ‘Xornadas contra a impunidade’, que xa se celebraron en dúas edicións, a primeira para acompañar ás familias Caamaño, Paz e Bóveda na presentación da querela Arxentina, e a segunda centrada en poñer de relevo un discurso alternativo da Transición, crítico e diferente ao establecido. De cara ás vindeiras semanas estaba previsto celebrar o 28 de novembro unhas Xornadas de traballo co colectivo memorialista baixo o título ‘Galiza ten memoria: políticas públicas’ nas que abrir debate entre as asociacións e os tres grupos parlamentares galegos co fin de poñer sobre a mesa necesidades e iniciativas de cada partido.

No abano de posibilidades de actuacións, abondarase en formatos non habituais para os temas de Memoria Histórica como os audiovisuais, estando en gravación nestes momentos varias pezas que se agarda teñan grande acollida entre a cidadanía. Tamén se apostará polas performances, recreando situacións e fitos históricos tanto previos ao golpe de Estado como posteriores, que percorrerán toda a provincia.

Finalmente, tamén se traballará na realización de actividades para a mocidade e a infancia, como as anunciadas recentemente en colaboración coa escola de banda deseñada ‘O Garaxe Hermético’, pola que diferentes autores realizarán un libro sobre a memoria e a Illa de San Simón; así como o Premio de Microteatro en colaboración coa ESAD, coa que hoxe se asinou un acordo de colaboración e para o que as bases estarán a disposición dende mañá nas web depo.gal. Para a infancia crearanse unidades didácticas e exposicións itinerantes que servirán como material de apoio para o profesorado que decida abordar a Memoria Histórica dentro da aula.

Temas: Deputación de PontevedraMemoria histórica
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Guía completa para comprar las entradas del concierto de Abraham Mateo en Vigo
Música

Guía completa para comprar las entradas del concierto de Abraham Mateo en Vigo

¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo

PorIván Dacal
21/07/2026
El Revenidas anuncia a Panteón Rococó y La Élite con sus abonos agotados a falta de casi un mes
Música

La ciencia tendrá su propio escenario en uno de los grandes festivales de las Rías Baixas, el Revenidas

Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas

PorUxía Pérez
21/07/2026
El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X