• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

A Guarda homenaxea a figura de Rosalía de Castro con varias actividades

Un paseo literario polo Vigo de Rosalía de Castro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/01/2020

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía que terá lugar o 24 de febreiro de 2020.

A primeira das actividades programadas consistirá na exposición de fotografía “Airiños Aires Rosalía”, que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro, unha mostra na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela.

Másnoticias

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

04/06/2026
Tui abre el plazo para solicitar cinco viviendas de alquiler social: estos son los requisitos

Tui abre el plazo para solicitar cinco viviendas de alquiler social: estos son los requisitos

03/06/2026

A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade.

O autor da obra, Xurxo Lobato, explica que esta exposición é “a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, unha feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que sente con dor a emigración, a inxustiza e a incomprensión de Castela”. A inauguración da exposición terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 20:00 horas no andar baixo da Casa dos Alonso e contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e gran estudoso da súa figura.

Outras actividades

Como en anos anteriores, A Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema “ Miña casiña, meu lar”. Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online (premer aquí).

Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que se convida á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12:00 horas na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online (premer aquí).

Temas: A GuardaO Baixo MiñoRosalía de Castro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo
Qué hacer

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos
Fiestas

Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos

Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta

PorMetropolitano
04/06/2026
El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo
Qué hacer

El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo

"Lo vamos a ver entre cervezas, amplios, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo

PorIván Dacal
03/06/2026
¿Está en Galicia el mejor panadero de España? Un certamen nacional aterriza en el área de Vigo
Qué hacer

¿Está el mejor pan de España en el área de Vigo? Un concurso en Mos premia las mejores recetas

El Pazo de Mos acoge el concurso "Premio Estrellas de la Panadería Española 2026". ¿Está una receta del área de Vigo entre las mejores?

PorIván Dacal
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X