O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá este sábado, 24 de novembro, “Raclette” a obra de Ibuprofeno Teatro que emula a particular forma de comer en comunidade dos pastores suízos, pero adaptada a novas realidades e tempos.
Dirixida por Santiago Cortegoso, esta raclette urbana e contemporánea, une durante unha cea dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.
Os cinco personaxes conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco persoas que están pasando por momentos cruciais nas súas vidas, momentos de cambios, de inestabilidade, marcados por acontecementos que han deixar pegadas profundas para o resto da súa existencia. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.
Raclette, de Ibuprofeno Teatro, foi finalista XX Premios Max das Artes Escénicas Mellor Autoría Teatral e Mellor Dirección de Escea, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, Mellor Espectáculo de Sala da 19 edición da "Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo", Mención Especial do Xurado no XIX Certamen de teatro Garnacha de Haro, Premio María Casares de Teatro 2017 ao Mellor Texto Orixinal e Premio Teatro Autor Exprés 2016.
A obra, que comezará ás 20:00 horas, ten un prezo de 3,5€ e as portas abrirán ás 19:00 horas.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL