Galicia prepara xa o Ano Xacobeo. Sen embargo, o Camiño de Santiago é unha singularidade para todos os días do ano. Neste senso, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural porá en marcha o vindeiro mes de outubro o proxecto “Música e Viño no Teu Camiño”, unha iniciativa que forma parte do programa “O Teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan pola Ruta Xacobea e a poboación local dun xeito diferente e orixinal a través de tres citas musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.
Ao abeiro do programa “Música e Viño no Teu Camiño”, o vindeiro mes de outubro A Guarda, Redondela e Tui acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente de balde que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos serán o 4 de outubro co concerto de The Soul Jacket na Praza da Torre de Redondela, o 12 de outubro coa actuación de The Pretty Shirts na Praza do Reló de A Guarda e o 19 de outubro co recital de Best Boy na Praza de San Fernando de Tui. Todos os eventos comezarán a partir das 20:30 horas e contarán coa presenza e a participación confirmada das adegas Quinta de Couselo e Terras Gauda.
“Trátase de dinamizar e ofrecer a poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago: A Guarda como inicio do Camiño da Costa, Tui como inicio do Camiño Portugués xa en Galicia e Redondela, onde conflúen os dous”, explicou Sandra González, presidenta de Eurural e alcaldesa de Tomiño, durante a presentación do proxecto. “Agardamos que sexa un primeiro paso para poñer en marcha novos proxectos co Camiño de Santiago de protagonista de cara ao ano Xacobeo 2021, dinamizando os nosos produtos, as nosas empresas e os nosos concellos”, salientou.
A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, quixo agradecer a iniciativa proposta de Eurural, porque “o Camiño de Santiago é unha historia coral escrita coa suma de vontades e de esforzos e temos que dar os parabéns a unha proposta como esta, que mestura algún dos elementos que máis turistas atraen a Galicia”.
O acto de presentación tamén contou coa presenza do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; do primeiro tenente de alcalde de Tui, Rafael Estévez; da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; e do concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela, Daniel Boullosa.
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL